Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2013

Diego Ameixeiras: «Os protagonistas de ‘Matarte lentamente’ están nunha situación que os obriga a cometer actos á marxe da lei». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Diego Ameixeiras pola súa novela Matarte lentamente.

Fina Casalderrey e Elena Gallego viaxarán á Feira do libro de Guadalajara (México)

As escritoras Fina Casalderrey e Elena Gallego Abad estarán presentes como autoras convidadas na Feira do libro de Guadalajara 2013 (México). Reproducimos a información da Asociación Galega de Editores.

Dolores Redondo: «A maternidade é marabillosa pero ten momentos de auténtica miseria». Na novela aborda tamén a maternidade da inspectora Amaia Salazar

Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Fernando Franco sobre a presenza de  Dolores Redondo e a súa novela Legado nos ósos no Club Faro.

O Proxecto Dragal achéganos desde a súa wiki a un patrimonio de noso con raizame máxica

A web de Código Cero publica unha noticia sobre a presenza na rede da triloxía Dragal, de Elena Gallego Abad.   O Proxecto Dragal achéganos dende a súa wiki ao noso patrimonio de raizame máxica As propostas culturais galegas estenden as súas pólas cara a Rede e están ben que así sexa.

Presentación de “Pontevedra nos anos do medo” en Gondomar

O  venres 29 de novembro ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro de Xosé Álvarez Castro, Pontevedra nos anos do medo, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar). O acto no que contará coa presenza do autor, será presentado polo director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome.

Presentación «O valego» en Lugo

O xoves, 29 de novembro, ás 20:00 horas, no local da Asociación de Amigos do País, Carril das Hortas 1 de Lugo terá lugar a presentación do libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura) de Xosé-Henrique Costas González No acto participarán Luís Villares e o autor. O acto está organizado pola Asociación Cultural Amigos do País e Xerais.

A loita despiadada pola audiencia: «Todos somos», de Marcos Calveiro. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Todos somos, de Marcos Calveiro.

Dolores Redondo en Vigo: «Escribir ficción criminal é unha forma de cribar a realidade», declarou a autora de «Legado nos ósos»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a intervención de Dolores Redondo,  que acaba de publicar en Xerais Legado nos ósos, a segunda novela da triloxía do Val de Baztán.   Dolores Redondo en Vigo Excelente foi a conversa literaria que no Club Faro de Vigo mantiveron ao longo dunha hora a escritora Dolores Redondo e o xornalista Rafa Valero.

Longa entrevista en vídeo no IES de Beade a Anxo Fariña

O IES de Beade, onde Anxo Fariña presentou Os Megatoxos e os Templarios da luz, publicou unha longa entrevista en vídeo co escritor e ilustrador.   Este ano facemos o noso 25º aniversario. Non como TV. Daquela non tiñamos ao noso dispor a tecnoloxía que fai posíbel con moi pouco diñeiro e moitas ganas compartirmos a nosa actividade e creatividade.

Como unha novela. Anotación en Trafegando ronseis sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a presenza de Ramón Nicolás no Club de Lecturada Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda, centrado en Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Actualización 29/11/13: O blog do Club de Lectura de Silleda publicou unha anotación sobre a intervención de Ramón Nicolás e Luís Ferreiro na sesión dedicada á biografáia de Celso Emilio Ferreiro.

Un relato cheo de imaxinación: «A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo. Anotación no blog Sildavia9

O blog Sildavia9 publicou unha anotación sobre A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas.     A illa de todas as illas de Xabier P. Docampo A illa de todas as illas de Xabier P. Docampo e as maravillosas ilustracións de Xosé Cobas. Nesta obra Xabier P.

Carta dunha libreira a Pedro Feijoo por «A memoria da choiva»

A libreira de Cronopios fíxolle chegar este escrito a Pedro Feijoo sobre a súa novela A memoria da choiva.   Meu admirado Pedro, seguro que onte a túa presentación foi un éxito.