Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2013

«Caderno do Nilo», a presentación de Antía Otero

Antía Otero recolle no seu blog o texto que leu na presentación de Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias celebrada na Coruña o pasado 4 de decembro. Se collemos unha peza de George de la Tour, o máis famoso dos pintores tenebristas fanceses, atoparémola. Daremos con esa luz que rompe o espazo e concentra toda a nosa mirada coma se dunha avelaiña pendurada no medio dun cuarto estivésemos a falar.

«A miña primeira Rosalía»: un libro indispensable

O blog Trafegando Ronseis publica unha anotación recomendando A miña primeira Rosalía, o libro cedé de Xiana e Xosé Lastra.

«Martarte lentamente»: morrendo lentamente

Armando Requeixo publica en Praza unha crítica de Matarte lentamente de Diego Ameixeiras.

«A memoria da choiva», a que será un dos grandes éxitos editoriais do ano

Raquel Feijoo publica en Tempo de lecer unha crítica da novela A memoria da choiva de Pedro Feijoo da que aventura será «un dos grandes éxitos editoriais do ano». Todo comeza nun piso da rúa República do Salvador de Santiago. Alí, no 3ºA do número 28, aparece morto Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo.

«Vento e chuvia», un apreixamento do pasado proxectándoo no futuro

Ramón Nicolás publica no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, na páxina «Letras en galego», o 21 de decembro de 2013, unha serie de recomendacións de libros en galego para o Nadal entre as qeu se atopa a de Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia de Manuel Gago.

«Presente continuo»: un texto fascinante e sorprendente

Ramón Nicolás publica nos eu blog unha crónica da presentación de Presente continuo de María Reimóndez celebrada o xoves 20 de decembro na libraría Andel de Vigo. Onte compartín o espazo da renovada libraría viguesa Andel xunto con María Reimóndez para presentar o seu poemario Presente continuo publicado por Xerais.

Homenaxe a Cameselle

Manuel Bragado, director de Xerais, publica no seu blog unha crónica da presentación do libro Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) celebrada o mércores 18 de decembro no Club Faro de Vigo. A presentación do libro Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) no Club Faro de Vigo constituíu unha homenaxe moi emocionante ao fotográfo Guillermo Cameselle.

«A illa de todas as illas»: un libro porta

Manuel Bragado, director de Xerais, publica no seu blog unha crónica da presentación do libro A illa de todas as illas de Xabier DoCampo e Xosé Cobas celebrada o luns 16 de decembro na Coruña.

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Ortigueira

O luns, 30 de decembro, ás 20,30 horas, no Teatro da Beneficencia de Ortigueira celebrarase o concerto «A miña primeira Rosalía». A miña primeira Rosalía é un libro-CD que acaba de publicar Edicións Xerais De Galicia, da autoría de Xiana e Xosé Lastra. A parte musical desenvólvese igualmente nun concerto do mesmo nome, nun espectáculo que se acaba de estrear e Ferrol (Teatro Jofre) e en Santiago (Teatro Principal).

Presentación «A terra Queima» en Vigo

O sábado, 28 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzaiz 125, de Vigo terá lugar a presentación do libro cedé A Terra Queima con música de Lalo Carnota e texto de Xurxo Souto. Os autores estarán acompañados de Manuel Bragado.

A defensa da lectura: «A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas.   Libros de illas, utopías lectoras A illa de todas as illas é o último libro de Xabier P. Docampo, de novo, ilustrado por Xosé Cobas.

«Vento e chuvia», de Manuel Gago esgota a primeira edición nun mes. Información en Letra en Obras

Letra en Obras publica unha información sobre Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo.   O libro «Vento e chuvia» de Manolo Gago esgota os 1250 exemplares da primeira edición nun só mes Conseguir un exemplar do último traballo de Manolo Gago e do ilustrador Manuel Cráneo, Vento e chuvia, non é xa unha tarefa doada. En pouco máis dun mes Edicións Xerais esgotou os 1.