Menu Xerais

Novidade: «Marcovaldo ou as estacións na cidade», de Italo Calvino. Os deliciosos relatos de Calvino

A colección Xabaril acolle a reedición dun libro de referencia: Marcovaldo ou as estacións na cidade, de Italo Calvino.

Marcovaldo ou as estacións na cidade contén 20 relatos –cinco por cada unha das catro estacións do ano– protagonizados por Marcovaldo: un obreiro sen cualificar, pai de familia numerosa, sinxelo e un pouco inxenuo que, motivado polos cambios atmosféricos e os signos de vida animal e vexetal que albisca na cidade, soña decote coa volta á Natureza para bater arreo cunha desilusión. Porque, existe aínda a Natureza?

Deixa un comentario!