Menu Xerais

Novidade: «Sherlock Holmes, detective», de Arthur Conan Doyle. Volve o misterio da man do dectective de Baker Street e o seu amigo, o doutor Watson

A colección Xabaril acolle a reedición dun entretido clásico da literatura: Sherlock Holmes, detective, de Arthur Conan Doyle que estará a vindeira semana en todas as librarías. Trátase do segundo libro do autor reeditado nesta colección, logo de dar á luz O can dos Baskerville. A tradución é de Gonzalo Navaza e Francisco Bedoya.

Sherlock Holmes, detective reúne cinco relatos protagonizados polo agudo detective de Baker Street e o seu amigo, o doutor Watson. Neles, Conan Doyle condensa o xénero detectivesco en estado puro, presentando unha incógnita en termos sempre interesantes e mantendo a tensión narrativa mediante unha atinada dose de acción e sorpresa, salferida arreo dun irónico e requintado humor británico.

Deixa un comentario!