Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2014

A biografía do Orlando namorado, furioso e pendurado. Crítica de Eli Ríos sobre a novela de Goretti Fariña

A escritora Eli Ríos publicou en A Sega unha recensión crítica sobre a novela Orlando pendurado, de Goretti Fariña, Premio Cidade Centenaria.   A biografía do Orlando namorado, furioso e pendurado Goretti Fariña, na novela Orlando pendurado, debulla a historia de Orlando, un ex-seminarista que traballa no naval. No estaleiro, un día, ten un acidente e queda pendurado dun arnés a nove metros de altura.

Ángel Cardín: «Os turistas veñen a Compostela preguntando polas bruxas pero o típico de Compostela é o acibeche»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela a Ángel Cardín sobre o libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica, publicado na colección Extramuros.

«Cadeas» ou a novela como límite. Sobre o Premio Xerais de Novela 2013. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013.   «Cadeas» ou a novela como límite Na presentación pontevedresa de Cadeas da man do Ateneo, tanto Xesús Constela como Ramón Rozas e Xabier López López insistiron na idea da novela como límite.

Divertido, amable e conciliador. A música do Pindo: «O raposo e a mestra», de Manuel Rivas. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no seu blog unha recesión crítica sobre O raposo e a mestra, o conto infantil de Manuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.   A música do Pindo O raposo Pindo évos un golpe soñador e hipnótico que a ren lle teme. Non hai galiña que se lle resista e o can máis fero non é rival para el. As súas (ren)artes con todo poden e na ampla contorna da Fin da Terra é sonada a súa habelencia.

Directo e cru: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e aloumiños unha anotación sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   “PENÚLTIMAS TENDENCIAS”, ÚLTIMO POEMARIO de CARLOS NEGRO: UNHA RAPAZA NA BUSCA DA VOZ DE SEU Non teño dúbidas de que Carlos Negroé un dos poetas máis interesantes e inquedos do noso panorama poético. Carlos non se resigna endexamais a facer obras previsibles.

Xogo e imaxinación: «O refugallo», de Paula Carballeira. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre O refugallo, de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, editado en colaboración con AGADIC.   Teatro e xogo Paula Carballeira propón nesta obra teatral para os cativos e cativas unha representación, mais tamén un modelo de xogo infantil baseado na imaxinación e non na tecnoloxía.

Fernando Pereira: «Rosalía de Castro vai camiño de converterse nun produto de consumo porque é un mito». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní a Fernando Pereira Bueno sobre o seu libro Rosalía de Castro: Imaxe e realidade.

Palabras que son armas: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o poemario Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado.   Dos tempos sombrizos O último poemario publicado por Xerais de Daniel Salgado é Dos tempos sombrizos, I Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Poemas que conforman un diario, poemas que falan da sociedade, de compromiso, de liberdade, de xustiza. Por riba, ou en derredor, a música.

Cando se reactivan os demos do pasado: «Sete Caveiras», de Elena Gallego Abad. Texto de F. Rodríguez Coloma

Publicamos o texto do que leu Francisco Rodríguez Coloma, profesor de literatura galega no IES Francisco Aguiar de Betanzos, na presentación de Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad, que tivo lugar na libraría Biblios da mesma localidade.   Boa tarde, amigos.

Fernando Pereira: «Rosalía de Castro é a marca máis importante de Galicia». Reportaxe de Ana Baena

Atlántico Diario publicou unha reportaxe de Ana Baena arredor do libro Rosalía de Castro: Imaxe e realidade, de Fernando Pereira Bueno, que tamén se pode descargar en pdf.

Un poemario con pezas poderosamente antolóxicas: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Crítica de Román Raña

Román Raña publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o poemario Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado.   Setenzas visionarias Con depurada e incisiva voz Podo afirmar, sen ningún medo a equivocarme, que Dos tempos sombrizos é o máis maduro libro que compuxo Daniel Salgado (Monterroso,1981).

Fermosa historia: «A terra queima», o libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre A terra queima, o libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.