Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2014

María Reimóndez: «As alternativas están aquí mais é preciso darlles visibilidade»

Sermos Galiza publicou unha entrevista que lle fixo Carme Vidal a María Reimóndez sobre o seu libro A alternativa está aquí.      María Reimóndez: «As alternativas están aquí mais é preciso darlles visibilidade» A escritora María Reimóndez ten “un plan” e do seu desenvolvemento fala no seu novo ensaio A alternativa está aquí (Xerais).

Cincuenta anos de galeguismo madrileño: «Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)», de Ana Acuña. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo sobre o libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña. O artigo pode lerse ou descargarse neste enlace.

Os libros de Manuel Rivas: 100 opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 100 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Manuel Rivas lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

Elena Gallego Abad: «Sete Caveiras é unha homenaxe á novela de misterio». Entrevista de Tamara Montero

O suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha entrevista de Tamara Montero á escritora Elena Gallego Abad sobre a súa novela Sete Caveiras. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

O onírico e o fantástico nunha novela con excelente dominio narrativo: «Os santos nunca dormen», de Teresa González Costa. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Os santos nunca dormen, de Teresa González Costa.

Matilde Felpeto: «Estas 67 receitas son as máis habituais para preparar o polbo en Galicia». Entrevista na Radio Galega

O programa Somos quen da Radio Galega emitiu unha entrevista con  Matilde Felpeto Lago sobre o seu libro O polbo e a súa cociña.

Os libros de Suso de Toro: opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 70 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Suso de Toro lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

Un ensaio político ledo, esperanzador sobre o mundo de hoxe: «A alternativa está aquí» de María Reimóndez. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro A alternativa está aquí de María Reimóndez.   O libro das xoaniñas, teoría e praxe, aquí e agora Moito gustei das palabras de Encarna Otero na presentación que onte na Libraría Lila de lilith de Compostela dedicou a María Reimóndez e ao seu libro A alternativa está aquí.

Guía de poesía para nenos e nenas de 3 a 8 anos

Dinamizar entre os máis novos a lectura do xénero poético é o obxectivo principal da Guía de poesía, un material de apoio para as persoas adultas que traballan no fomento da lectura na infancia promovido pola Asociación de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia e pola Secretaría Xeral de Cultura.

Pemón Bouzas: «A cuestión da crónica de viaxes é contar as túas emocións e as túas sensacións»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Pemón Bouzas sobre a súa novela Novos pasos por Bretaña.

O mundo do Sireno: «¡Sireno, sireno!», de An Alfaya. Anotación no blog Escritoras de literatura infantil e xuvenil

O blog Escritoras de literatura infantil e xuvenil publicou unha anotación sobre o libro ¡Sireno, sireno!, de An Alfaya.   O mundo do Sireno O libro de ¡Sireno, Sireno! de An Alfaya ofrécenos a posibilidade de adaptalo ao alumnado de Educación Infantil, xa que aborda o tema do soño, do ficticio.., é dicir, do mundo onírico, algo que a este tipo de lectores lles adoita gustar.

Antonio García Teijeiro estará este sábado día 29 no Lendo Contigo, en Gondomar, con «Un rato díxolle á lúa»

Un rato díxolle á lúa, a antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez, centrará o próximo sábado 29 de marzo a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.