Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2014

Tobaruela e os heterónimos. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Vapor, de Pere Tobaruela, asinada co heterónimo literario Lea Tobery.     Tobaruela e os heterónimos Presentamos no serán de onte na Feira do Libro de Compostela Vapor, a novela coa que Pere Tobaruela desvela o seu heterónimo feminino de Lea Tobery.

Pemón Bouzas: «A trama da miña novela está apoiada nas mulleres». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias a Pemón Bouzas sobre a súa novela A voz do vento.

Bautista Álvarez: «É normal que a política estea presente nos meus relatos». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista con Bautista Álvarez sobre o seu libro de relatos Retallos daquela infancia.     «O que chamaron reforma democrática non foi máis que a continuidade do franquismo» Bautista Álvarez publicou hai pouco o seu primeiro libro de relatos, ‘Retallos daquela infancia’. E ten entre mans outros proxectos literarios.

Obxectos fabulosos e espécimes exóticos dun personaxe singular: «O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte» de Irene e Rodrigo Pérez Pintos

Tendencias, de Galicia Confidencial, publicou unha información sobre o libro O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos.   O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte O pasado venres presentouse en Vigo un interesante libro sobre o descoñecido Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte.

Novidade: «A viaxe de Gagarin», de Agustín Fernández Paz: emocionante historia de amor, engaiolante novela de formación e memoria

A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz é unha novidade da colección Narrativa. Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios.

«A terra queima», de Lalo Carnota e Xurxo Souto, Premio Muíño do Vento de Textos de Contraportada

O libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar A terra queima, que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro acaba de recibir o II Premio Muíño do Vento de textos de contraportada.

Xerais na Feira do Libro de Pontevedra 2014

Dende o 6 ao 11 de maio terá lugar a Feira do Libro de Pontevedra na que Xerais ten programados os seguintes actos: Día 7 de maio  mércores 20:00 h.: Presentación de Sete Caveiras  de Elena Gallego con Ramón Rozas e Manuel Bragado. Día 8 de maio  xoves 20:00 h.: Presentación de O sangue dos camiños  de Ramón Caride con Xesús Constela. Día 10 de maio  sábado 18:00 h.

Suso de Toro: «Puiden escribir os libros que quixen». Entrevista en Telecolmeiro

O blog Trafegando ronseis publicou unha entrevista en vídeo a Suso de Toro feita por dúas estudantes do IES de Silleda para Telecolmeiro.

Presentación en Bueu de “Os fillos do mar” e “A memoria da choiva” de Pedro Feijoo

O venres, 2 de maio, ás 20:30 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vicenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación das novelas de Pedro Feijoo Os fillos do mar e A memoria da choiva. No acto, organizado pola Librería Miranda e Xerais coa colaboración do Concello de Bueu, participarán Salvador Rodríguez, Manuel Bragado e Pedro Feijoo.

Agustín Fernández Paz (Foto de J. Lores)

Agustín Fernández Paz, Premio Trasalba 2014

O escritor Agustín Fernández Paz que acaba de publicar a súa última novela A viaxe de Gagarin (Xerais Narrativa) esta mesma semana, acaba de recibir o Premio Trasalba 2014, logo de que a Fundación Otero Predrayo valorase a dedicación do escritor ao ámbito da literatura dirixida á mocidade, onde conseguiu «unha recoñecida sona dentro e fóra das nosas fronteiras», así como o seu compromiso coa lingua galega e cos movementos d

Ironía, tenrura e subverrsión: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Crítica de Berta Dávila

Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.

Xosé Álvarez Castro: «O golpe do 36 é un pasado non ausente, aínda non foi explicado obxectivamente»

Faro de Vigo publicou unha entrevista de David García a Xosé Álvarez Castro con motivo dunha conferencia que impartiu a pasada fin de semana en torno ao seu libro Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) (foto de Gustavo Santos).