Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2014

Finalistas dos Xerais 2014

Nas reunións celebradas na tarde do 30 de maio polos xurados dos Premios Xerais 2014 no castelo de Soutomaior declaráronse as finalistas de cada un dos tres premios literarios convocados pola editorial. O xurado da XXXI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Un novela inquietante: «A voz do vento», de Pemón Bouzas. Crítica de Xerardo Agrafoxo

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha recensión crítica de Xerardo Agrafoxo sobre a novela  A voz do vento, de Pemón Bouzas.

Carlos Negro estará mañá sábado no Comando Le de Espazo Lectura en Gondomar con «Penúltimas tendencias»

Unha actividade de Carlos Negro sobre o poemario Penúltimas tendencias, centra a sesión de mañá sábado 31 do Comando Le de Espazo Lectura, unha actividade dirixida para mozos e mozas adolescentes.

Un compromiso que non perde actualidade: «Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo», de Xesús Alonso Montero. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, de Xesús Alonso Montero.

«Desde unha estrela distante», de Agustín Fernández Paz, propicia a celebración dunha Noite Extraterrestre nas actividades de Espazo Lectura

O libro Desde unha estrela distante, de Agustín Fernández Paz, pechará esta tarde a tempada do Club de lectura Lendo Contigo, que organiza a asociación Espazo Lectura en Gondomar, coa celebración dunha Noite Extraterrestre que terá lugar hoxe venres na Casa da Lectura.

Unha narración viguesa canónica nas formas e contido: «Sete Caveiras», de Elena Gallego. Crítica de X. A. López Silva

A revista Tempos Novos publicou unha recensión critica de Xosé Antonio López Silva sobre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad.   Sete caveiras ou a aqueles (non) tan marabillosos anos Semella clara a preponderancia nos últimos tempos do éxito editorial en lingua galega da narrativa de xénero. Unha ollada ás listas dos máis vendidos dos últimos anos constatan a fidelidade do público en particular cara o xénero negro.

«Costa do Solpor», de Xosé María Lema, comeza onde acaba «A illa do tesouro»

La Voz de Galicia publicou unha información sobre Costa do Solpor de Xosé Mª Lema.     Xosé María Lema: «’Costa do solpor’ empeza onde acaba ‘A illa do tesouro’» A historia transcorre a mediados do século XVIII e «loxicamente a torre de Hércules non estaba como a vemos hoxe» Un bergantín pirata fondeado no porto coruñés.

Teresa Moure: «Eu creo que a honestidade da arte está en producir aquilo que queres dicir»

O blog da Biblioteca do IES do Porto do Son publicou unha entrevista en vídeo con Teresa Moure, sobre a súa obra Unha primavera para Aldara, feita por estudantes do centro.     Teresa Moure Teresa en diálogo – que durou ben máis do que vedes, pero xa sen cámaras – cos seus lectores de “Unha primavera para Aldara” na curriña biblioteca do noso liceo.

Crítica de Rodríguez Alonso sobre «Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)», de Ana Acuña

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre o libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña.

Lectura máis que recomendable: «A viaxe de Gagarin», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre a novela A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz.   A Xeración da Transición ou dos oitenta Nun recente artigo en Faro da Cultura, M. Bragado fala da Xeración de fin de século, escritores que se fan famosos na década dos oitenta do pasado século. Inclúe neste grupo xeracional narradores como Carlos G.

Reivindicativa, surreal e divertida traxicomedia: «Os santos nunca dormen», de Teresa González Costa. Crítica de Dolores Martínez Torres

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Dolores Martínez Torres sobre a novela Os santos nunca dormen, de Teresa González Costa. A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.

Un libro narrativo, comprometido e entrañable: «Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo», de Xesús Alonso Montero

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación na Feira do Libro de Vigo de Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, de Xesús Alonso Montero.   Pedro Petouto en Vigo Excelente presentación na Feira do libro de Vigo da quinta edición de Pedro Petouto.