Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2014

Unha novela que demostra o bo momento da autora: «Dende o conflito», de María Reimóndez. Crítica de Mario Regueira

Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Mario Regueira sobre Dende o conflito, de María Reimóndez, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2014. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Os territorios escuros da sociedade: «Conduce rápido», de Diego Ameixeiras. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Conduce rápido, de Diego Ameixeiras.   CONDUCE RÁPIDO ESA OLLADA INCISIVA AMEIXEIRAS VOLVE TRIPAR POLOS CAMIÑOS DA NARRATIVA NEGRA CUNHA NOVA NOVELA QUE ENCAIXA Á PERFECCIÓN NOS ESQUEMAS NARRATIVOS E TEMÁTICOS QUE DOMINA CON SOLVENCIA Non muda de ruta literaria Diego Ameixeiras neste Conduce rápido.

Unha dinámica áxil e efectiva: Anotación de Ramón Nicolás sobre a presentación de «Silencio», de Fran Alonso

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha anotación sobre a presentación de Silencio, de Fran Alonso, que tivo lugar no  IES Valadares de Vigo e se retransmitiu por videoconferencia ao IES Saturnino Montojo de Ferrol.

Xerais no Culturgal 2014. Programa do domingo, 7 de decembro

Programa de Xerais para o Domingo 7 de decembro no Culturgal   19:00 horas: Espazo de Xerais. Sinatura de Javier Domínguez e Adrián Morgade autores de Los Suaves. Mi casa es el Rock ‘n’ Roll. 19:30 horas: Espazo Infantil. Presentación dramatizada do libro Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas (Premio Merlín, 2014). Participan: Daniel Landesa, María Lado, Xosé Daniel Costas Currás e Ledicia Costas.

A necesidade dunha reflexión plural sobre o futuro demográfico de Galicia

O xornal El correo Gallego publicou  unha reportaxe en torno ao libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, de Manuel Blanco Desar.

Xerais no Culturgal 2014. Programa do sábado, 6 de decembro

  Programa de Xerais  para Sábado 6 de decembro no Culturgal 2014 12:45 horas: Espazo Foro. Presentación do libro O polbo e a súa cociña de Matilde Felpeto con Manuel Bragado e a autora. 19:15 horas: Espazo Libro. Entrevista de Susana Pedreira a María Reimóndez, autora de Dende o conflito (Premio Xerais, 2014). 19:30 horas: Espazo de Xerais. Sinatura de Manuel Rivas. 19:30 horas: Espazo de Xerais. Sinatura de Pedro Feijoo.

Xerais no Culturgal 2014. Programa do venres, 5 de decembro

Xerais preparou un programa de actividades para desenvolver no Culturgal 2014, do venres 5 ao domingo 7 de decembro, que como en edicións anteriores desenvolverase nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra. Programa do Venres 5 de decembro 11:30 a 12:15 horas: Espazo Infantil. Encontro con escolares de Anxo Fariña, autor e ilustrador da serie (5 títulos) Os Megatoxos.

Presentación en Santiago de “Conduce rápido” de Diego Ameixeiras

O xoves, 4 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Conduce rápido de Diego Ameixeiras. No acto participarán Isabel Soto, Manuel Bragado e Diego Ameixeiras.

María Reimóndez é unha boa noticia. Artigo de Juan Antonio Pinto Antón

Os xornais El Diario de Pontevedra e El Progreso publicaron un artigo de Juan Antonio Pinto Antón sobre Dende o conflito, de María Reimóndez, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2014. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Que vivan Los Suaves! Artigo de Cuca M. Gómez

O Diario de Pontevedra publicou un artigo de Cuca M. Gómez sobre o  libro Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez, publicado na colección Extramuros.   A reportaxe pode lerse ou descagarse nesta ligazón.

A desfeita demográfica de Galicia chama á reflexión: «Galicia: un pobo con futuro?», de Manuel Blanco Desar

Os xornais El Diario de Pontevedra e El Progreso publicaron unha reportaxe sobre o libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, de Manuel Blanco Desar. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Cando o pasado non está resolto: «Somnámbulos», de Suso de Toro. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira  sobre o libro Somnámbulos, de Suso de Toro.