Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2014

Ledicia Costas: «Só se unha historia me seduce por completo aventúrome a escribila»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á escritora  Ledicia Costas en torno ao seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

A colección «O Club da Ciencia», no blog das Bibliotecas Escolares

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a colección O Club da Ciencia.   Coleccións relacionadas coa ciencia en galego O club da ciencia é unha colección de Edicións Xerais de Galicia. Da autoría de Victor Raga, con ilustracións de Montse Español Rodié e traducido por Pablo Sánchez Mato. Baixo os títulos van aparecendo subtítulos que nos adiantan as temáticas que se van a tratar.

Realismo máxico: «Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre a novela Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, ilustrado por Víctor Rivas.

Tres narracións cheas de forza: «Somnámbulos», de Suso de Toro. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Somnámbulos, de Suso de Toro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Por lugares diferentes: «Os días condenados», de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o poemario Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2014. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Moi boa novela sobre a anorexia: «O Gran Reino», de Eduardo Santiago. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre a novela O Gran Reino, de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014.     Entre o documento e a fantasía A novela que agora comentamos foi Premio Jules Verne 2014 de Literatura Xuvenil de Xerais.

Marilar Aleixandre: «No que eu fago hai un intento de desescribir as historias tal e como nolas contaron»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Marilar Aleixandre sobre Ovella descarreirada.

Entrevista a Carlos Callón no xornal de humor «Enchufados»

O xornal dixital de humor Enchufados publicou unha entrevista con Carlos Callón, autor de Atravesar o fantasma.   ENTREVISTA: CARLOS CALLÓN Sen sentidiño: Carlos Callón   Recuperamos a nosa faceta de facer preguntas absurders que contrasta coa faceta ensaísta e poética do noso convidado.

O mellor Suso de Toro: «Somnámbulos». Comentario de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre Somnámbulos, de Suso de Toro.

Xurxo Souto: «Non é casualidade que pasen cousas con pretroleiros nas nosas costas: estamos no medio dun fluxo económico brutal»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Xurxo Souto sobre o seu libro Contos do mar de Irlanda.(Foto: Teruka Queiro)   Xurxo Souto: «Non vivimos na periferia, senón no centro do mar, no medio da súa autoestrada principal» Non coñecemos o mar. Por iso o tememos e o reducimos a tráxicos naufraxios ou apresamentos de barcos.

Un libro ben recomendable: «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre. Anotación de Miro Villar

O escritor Miro Villar publicou no seu blog unha anotación sobre Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre, ilustrado por Óscar Villán.

Jacobo Fernández Serrano estará mañá sábado día 20 no Lendo Contigo, en Gondomar, con «Marcopola»

O primeiro volume da serie Marcopola, de Jacobo Fernández Serrano, así como o resto dos títulos, centrarán mañá sábado 20 de decembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.