Menu Xerais

Leo A., a protagonista da triloxía de Rosa Aneiros, cobra vida en Twitter arredor dunha fermosa iniciativa estudantil

Estudantes dalgúns centros de ensino de Galicia están a levar a cabo unha fermosa campaña en Twitter arredor da triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros. Os rapaces e rapazas, coa colaboración do profesorado, realizan unha serie de fotografías arredor da frase «Ámote» ou «Ámote Leo A.» e logo fanas circular polas redes sociais. A maior parte dos chíos identifícanse coa etiqueta #ÁmoteLeoA.

Precisamente, nos vindeiros días comezará a distribución por librerías do segundo volume da triloxía Ámote Leo A., que se titula Estación de tránsito. Leo A. viaxa lentamente atravesando Anatolia, en Turquía e á protagonista férvelle a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Leo deberá superar dificultades e asumir sorpresas tan marabillosas como imprevistas no seu camiño. Haberá novas cidades, novas amizades e novas pintadas para unha viaxe que parte de cero cada día. Cales serán os seus próximos pasos? Conseguirá Leo cumprir o seu soño?

Reproducimos algunhas das fotos que da iniciativa que circula por Twitter arredor da triloxía Ámote Leo A.

 

 

 

 

Deixa un comentario!