Menu Xerais

Pedro Feijoo celebra o Día das Letras en “La Salle” de Santiago e no IES Torrente Ballester de Pontevedra

Pedro Feijoo participará o día 16 de maio nas actividades organizadas, con motivo da celebración das Letras Galegas 2014, no colexio “La Salle” de Santiago de Compostela.  O escritor fará entrega dos Premios Literarios dos certames convocados por este centro e asinará exemplares dos seus libros aos escolares.

Pola tarde do mesmo día 16, no IES Torrente Ballester de Pontevedra, participará nas xornadas “Entre o Libro e as Letras”. Este ano Pedro Feijoo é o presidente do xurado do IV Certame de  Narrativa Mª Victoria Moreno, certame dirixido aos escolares do centro e que ten como particularidade que os textos presentados teñen que conter as tres primeiras liñas da súa novela A memoria da choiva. O centro preparou unha exposición sobre o autor de Os fillos do mar, titulada “De Piratas, Psicópatas e Narradores”.

 

Deixa un comentario!