Menu Xerais

Arquivo anual: 2015

Un universo singular e extraordinario: «Nena e o mar», de Érica Esmoris. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha recensión sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.

Unha magnífica novela de intriga psicolóxica: «Europa Express», de Andrea Maceiras. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre a novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.   UNHA MAGNÍFICA NOVELA DE INTRIGA PSICOLÓXICA: «Europa Express», de ANDREA MACEIRAS De novo, un libro de Andrea Maceiras.  De novo, unha proposta de literatura ben escrita. De novo, un pracer enorme entrar no mundo que nos propón a escritora.

Manuel Rivas: «En ‘A boca da terra’ a natureza rebélase»

A xornalista Pilar Rego entrevistou no programa Zig-Zag ao escritor Manuel Rivas obre o libro de poemas A boca da terra. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «En Galicia hai una potente tradición tanto da cultura da morte como da gastronomía»

El Alijo entrevistou a  Ledicia Costas, sobre a súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta, Premio Nacional de Literatura Infantil. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Teoría do riso” de Antón Patiño

O martes, 29 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12, de Vigo, terá lugar a presentación do libro Teoría do riso de Antón Patiño. No acto participarán Julián Hernández, Alberto González Alegre, Manuel Bragado e Antón Patiño.

Manuel Rivas: «O marabilloso é que a literatura non pode ser subalterna»

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre o acto no Club Faro arredor de O último día de Terranova, de Manuel Rivas. A reportaxe pode lerse ou descargase en pdf nesta ligazón.

As mulleres emigrantes galegas no Londres da década dos 60: «A veiga é coma un tempo distinto» de Eva Moreda

O xornal El Ideal Gallego publicou unha información sobre a novela A veiga é coma un tempo distinto de Eva Moreda. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Rosa Alonso Ferragud: «A maxia é unha filosofía de vida»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista a Rosa María Alonso Ferragud sobre Secretos de una bruja celta. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María Canosa: «A literatura mellora a sociedade»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista a María Canosa. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un libro que paga a pena: «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Os libros máis vendidos no ano 2015 segundo o Taboleiro do libro galego

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2015 a partir da información proporcionada polas librarías galegas.   NARRATIVA   1º-. Xurxo Souto, Contos do mar de Irlanda 2º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos – – – – – – – – – – – – – – – – – – 4º-.

Contrabando de libros galegos: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o acto arredor de O último día de Terranova, de Manuel Rivas.   «O último día de Terranova» en Vigo O pintor Antón Patiño e o escritor Manuel Rivas conversaron onte no Club Faro de Vigo arredor d’ O último día de Terranova.