Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2015

A historia dun can que perdeu a alegría: «O can Gastón anda tristeiro», de Pablo Rosendo

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de Meira Paz sobre Pablo Rosendo e o álbum ilustrado que acaba de publicar na colección Merliño de Xerais: O can Gastón anda tristeiro.

Novidade: »A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Unha novela negra ambientada na Coruña

A antesala luminosa, de Antonio Tizón, é unha novidade da colección Narrativa. O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido.

Afectos e cicatrices persoais: «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón.   «ATRAVESAR O FANTASMA» [ CARLOS CALLÓN ] Afectos e cicatrices desde a memoria Unha sorte de crestomatía, persoal e lírica, que percorre tematicamente a metade dunha vida é o que ofrece Carlos Callón neste libro.

Pere Tobaruela estará mañá sábado no Lendo Contigo, en Gondomar, con «Formigas»

O primeiro volume da serie Formig4s, de Pere Tobaruela, centrará mañá sábado 29 de xaneiro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.   As formigas invaden o Lendo Contigo Este sábado 31 de xaneiro, celébrase a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. A lectura que lemos nesta ocasión é Formigas.

Ledicia Costas, Xurxo Souto, Suso de Toro e Anselmo López Carreira, autores dos libros máis destacables do 2014 para César Lorenzo en Biosbardia

O xornalista César Lorenzo Gil recomenda no seu blog Biosbardia estas catro obras de Xerais entre as máis destacables de 2014.   0. O Miño, un caudal de historia, de Anselmo López Carreira O autor, un dos máis importantes historiadores galegos vivos, medrou ao carón do río Miño, en Ourense. Neste libro réndelle unha homenaxe ao seu xeito, o xeito dun especialista no pasado da nación.

Agustín Fernández Paz: «Ter lectores é o meirande agasallo»

O Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a a Agustín Fernández Paz. A entrevista pode lerse ou descargarse aquí.

Acción e bo humor: «Formig4s. Misión París», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Formig4s. Misión París, o primeiro título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «O Miño. Un caudal de historia», de Anselmo López Carreira: o devir da historia a través dun río

O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, é unha novidade da colección LIBROX. O Miño, atravesando toda Galicia en diagonal (ou toda a Gallaecia xuntándolle o Sil), constitúe un factor de primeira magnitude no cicelado da historia do país. O seu fluír vainos suxerindo momentos moi diversos que se nos presentan sen orde cronolóxica.

De axuda para elixir lecturas: «Inmigración/Emigración na LIX», da Rede Temática de Investigación LIJMI. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o libro Inmigración/Emigración na LIX, de Rede Temática de Investigación LIJMI, coordinado por Blanca Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez.

Presentación de “A antesala luminosa” de Antonio Tizón na Coruña

O mércores, 4 de febreiro, ás 20,00 h., no Local de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22, Cidade Vella da Coruña, terá lugar a presentación do libro A antesala luminosa de Antonio Tizón. No acto, organizado coa colaboración de  Amigos dos Museos de Galicia, participarán  Juan Carlos Díaz del Valle, Cándido Barral, Rosalía Cotelo, Manuel Bragado e Antonio Tizón.

Xosé Vázquez Pintor: «A miña novela ‘Antípodas’ é unha ensoñación para recuperar a dignidade ante estes tempos»

Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña co escritor con Xosé Vázquez Pintor (fotografía de Bernabé / Javier).   «La novela ‘Antípodas’ es una ensoñación sobre recuperar la dignidad hoy en día» Publica en breve sus últimas obras, incluido el segundo volumen de ‘Columnas de papel’ Vive a caballo entre Agolada y Cangas do Morrazo, lugar donde atiende la llamada de FARO DE VIGO.

Novidade: «Antípodas», de Xosé Vázquez Pintor. Unha novela de pulsión poética

A novela Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, é unha novidade da colección Narrativa. Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda –o seu can–, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e nas palabras do seu tempo: 2014.