Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2015

Unha das mellores linguas literarias do noso tempo: «Amor en alpargatas», de Manuel Portas. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Amor en alpargatas, de Manuel Portas.     «Amor en alpargatas» Máis dun cento de persoas xuntáronse no café Airas Nunes de Compostela para arroupar a Manuel Portas na presentación de Amor en alpargatas, a súa cuarta novela.

O trastorno bipolar, os crimes e a Transición mestúranse en «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Reportaxe no Zigzag da TVG

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe, entrevistando a Antonio Tizón polo seu libro A antesala luminosa.

Marilar Aleixandre: «Ter lingua propia é unha riqueza»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Casanova a Marilar Aleixandre, que acaba de publicar o poemario xuvenil Ovella descarreirada. (Foto de Álvaro Ballesteros / La Voz de Galicia).

Novidade: «De cristal», de Silvestre Gómez Xurxo. Cinco relatos sobre a fraxilidade humana

De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. Este libro reúne cinco relatos sobre a fraxilidade humana, sobre a vulnerabilidade que padecemos todas as persoas. Suso, o protagonista do primeiro, «O ratiño negro», vive acurralado polo medo e non pode deixarse vencer polo mal.

Un libro necesario, didáctico: «Augusta e os seus medos», de Sabela Fernández Trelles e Alicia Suárez. Crítica en Brabádegos

Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil, publica unha recensión crítica de Romina Bal sobre o álbum Augusta e os seus medos, de Sabela Fernández Trelles, ilustrado por Alicia Suárez Otero.

«O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, centrará mañá o encontro do Comando Le de Espazo Lectura

Un encontro  coa escritora Ledicia Costas en torno ao seu libro O corazón de Xúpiter centra a sesión de mañá sábado 28 de febreiro, do Comando Le de Espazo Lectura, unha actividade dirixida para mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h).

Os Xerais abren os seus xurados a través dunha convocatoria pública

Sermos Galiza publica unha información sobre a iniciativa de Xerais de realizar unha convocatoria pública para escoller tres persoas que desexen participar como membros dos xurados dos Premios Xerais 2015.   Os Xerais abren os seus xurados a través dunha convocatoria pública Calquera pode ser membro do xurado dos Premios Xerais.

Presentación en Pontevedra de “Antípodas” de Xosé Vázquez Pintor

O venres, 6 de marzo, ás 20,00 horas, na Galería Sargadelos, rúa da Oliva, 22 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Antípodas de Xosé Vázquez Pintor. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, A Galería Sargadelos e Xerais, participarán Xaime Toxo, Manuel Bragado e a cantora Begoña Lorenzo.

Presentación en Santiago de “Dende o conflito” de María Reimóndez

O mércores, 4 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Dende o conflito de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela, 2014. No acto, organizado pola libraría Lila de Lillith e Xerais, participarán Montse Dopico, Manuel Bragado e María Reimóndez.

Presentación na Coruña de “Atravesar o fantasma” de Carlos Callón

O martes, 3 de marzo, ás 20:30 horas, na libraría Suévia, rúa Vila de Negreira, 32 da Coruña, terá lugar a presentación do libro Atravesar o fantasma de Carlos Callón. No acto, organizado pola libraría Suévia e Xerais,  participarán Manuel Fernández Blanco, Inma Otero, Carme Fernández-Sanjulián e Carlos Callón.

Xosé Vázquez Pintor: «Esta novela aportoume unha luz de esperanza». Entrevista sobre «Antípodas»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Amelia Ferreiroa a Xosé Vázquez Pintor sobre a súa nova novela Antípodas. (Foto de M. Souto) A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

O sentido do terror: «Medo político e control social na retagarda franquista» de Lucio Martínez Pereda. Reportaxe de Montse Dopico

A xornalista Montse Dopico publicou no Faro das Letras, de Faro de Vigo, unha reportaxe titulada «O sentido do terror» sobre o medo e o control social no franquismo elaborada a partir do libro Medo político e control social na retagarda franquista, de Lucio Martínez Pereda, publicado por Xerais na colección Crónica. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.