Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2015

XG00212501

Novela mulata: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón.   Novela mulata Na libraría Couceiro de Santiago presentamos A antesala luminosa, a novela coa que Antonio Tizón debuta na narrativa galega.

Unha novela valente: «As palabras poden matar», de Marcos Calveiro. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre As palabras poden matar, de Marcos Calveiro.     «AS PALABRAS PODEN MATAR», de MARCOS CALVEIRO: UNHA NOVELA XUVENIL QUE PON O DEDO NA CHAGA DA INXUSTIZA SOCIAL Un sempre agarda con expectación os novos libros daqueles autores e autoras que teñen algo que dicir cos seus escritos.

Crego, enxeñeiro do libro galego. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobrea xubilación do noso compañeiro Xosé Manuel García Crego. Crego Todos os membros do cadro de Xerais celebramos onte a xubilación de Xosé Manuel García Crego, o noso director de edición.

Impresionante e necesaria: «Son noxento», de María Xosé Queizán. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela Son noxento, de María Xosé Queizán.   Impresionante e necesaria María Xosé Queizán toca nesta novela curta un tema que arrepía: o do acoso sexual-violación dunha rapaza polo seu propio pai.

Fermosa reviravolta do que somos: «Antípodas», de Xosé Vázquez Pintor. Crítica de Pilar Ponte

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor. A recensión crítica pode lerse ou descargarse neste enlace.

Carlos Callón: «A psicoanálise é a que fai que as feridas deixen de supurar»

Correo Televisión emitiu unha entrevista con Carlos Callón sobre o poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón.

Antonio Tizón: «Intentei contar unha historia de amor, de tolemia e de morte en clave de xénero negro»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa.

Presentación en Lugo de “O Miño. Un caudal de historia” de Anselmo López Carreira

O venres, 27 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, rúa San Marcos, 8, dentro dos actos organizados no Festival da Biosfera, Anselmo López Carreira falará do seu libro O Miño. Un caudal de historia. Galicia é o país dos dez mil ríos.

Antonio Tizón: «Elixín a novela negra porque me permitía falar da loucura»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Montse García ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Mercedes Leobalde: «Isto é un pouco adictivo. Canto máis escribes máis che gusta». Entrevista coa autora de «Funambulistas»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a á escritora Mercedes Leobalde, gañadora do Premio Ánxel Fole co libro de relatos Funambulistas.   Mercedes Leobalde: “A vida é inseguridade, incerteza. Sempre temos que manter o equilibrio.

Presentación en Ourol de “Contos do mar de Irlanda”

O sábado, 28 de marzo, ás 20:00 horas, dentro da xornada de celebración do primeiro aniversario da Asociación Aturuxeiros, Xurxo Souto presenta, no local social Bravos de Ourol, o seu libro Contos do Mar de Irlanda. Alén do autor, participarán tamén, Manuel Lamelas e Manu Rodríguez, dous protagonistas do libro, mariñeiros de Bravos que traballaron decote na auga do Gran Sol.

Presentación en Santiago de “oso, mamá, si?” de María Lado

O venres, 27 de marzo, ás 20:00 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do poemario oso, mamá, si? de María Lado.