Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2015

Xabier Quiroga: «Pensaba que a historia dun parado e dun vello non lle interesaba a ninguén e equivoqueime»

O xornalista Tino Santiago entrevistou no programa Zig-Zag Eirado da TVG ao escritor Xabier Quiroga sobre Zapatillas rotas, recente Premio da Crítica en Narrativa.

Unha elegante arquitectura narrativa: «Amor en alpargatas», de Manuel Portas. Crítica de Dolores Martínez Torres

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Dolores Martínez Torres sobre a novela Amor en alpargatas, de Manuel Portas. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Fran P. Lorenzo: «Quixen abordar a cuestión de como habitamos a cidade e como a cidade nos habita a nós»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación en Compostela da novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014, así como outra anotación da presentación en Redondela, concello que xestionou a convocatoria do Premio Blanco Amor 2015.

Feitos que desafían a razón: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre A neve interminable, a nova novela de Agustín Fernández Paz.   A neve interminable Volve o prezado mestre Agustín Fernández Paz a darlle unha volta a esa vida de misterio da que tanto goza con este novo libro A neve interminable que publica Xerais, un libro que contrúe unha ponte co famosísimo e súper-lido Cartas de inverno, publicado en 1995.

Un autor que nos afilia ao gozo das palabras: «Os días condenados», de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o poemario Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2014. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Elena Gallego Abad: «Eu nin imaxinaba que Dragal ía chegar a este punto»

RN5 de Pontevedra emitiu unha entrevista a Elena Gallego Abad sobre Dragal IV, A estirpe do Dragón e toda a serie Dragal.

Presentación en Ourense de “Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual” de Xesús Alonso Montero

O luns, 4 de maio, ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5, terá lugar a presentación do libro Xosé Filguera Valverde. Biografía intelectual de Xesús Alonso Montero. No acto, no que tamén se presentará o libro Filgueira Valverde.

Dous libros para lectores a partir de 9 e 11 anos: «O corazón da maxia» de Xavier Estévez e «Rubicundo», de María Canosa

O blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre O corazón da maxia, de Xavier Estévez, e Rubicundo, de María Canosa.   Dous libros para lectores a partir de 9 e 11 anos Rubicundo de María Canosa, vai dirixido aos máis pequenos.

Xerais na Feira do Libro de Compostela

Do 1 ao 10 de maio, na Alameda,  terá lugar a Feira do Libro de Compostela na que Xerais ten organizado os seguintes actos: 1 de maio, venres: Inauguración e lectura do Pregón a cargo de Manuel Portas. O autor asinará exemplares das súas obras. 3 de maio, domingo 20:00 h.:  Xurxo Souto realizará unha nova sesión de “Océano para terrícolas”, unha presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda.

Fran P. Lorenzo: «O máis grave da represión é que chegue a eliminar a posibilidade de imaxinar unha vida distinta»

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Fran P. Lorenzo sobre a novela Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela. (Foto de Fernando Blanco).   Fran P. Lorenzo: «O máis grave da represión é que chegue a eliminar a posibilidade de imaxinar unha vida distinta» Di Fran P. Lorenzo que quixo xuntar a novela rosa cunha historia de amor gai.

Elena Gallego expande o universo “Dragal” cunha nova triloxía

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga a Elena Gallego sobre os seus libros da serie Dragal.

Ana Acuña: «O premio é para os madrigalegos»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista coa profesora Ana Acuña, que acaba de recibir o Premio Losada Diéguez no apartado de Investigación pola súa obra Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000). A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón. O xornal Faro de Vigo tamén publicou unha información ao respecto, que se pode ler ou descargar nestoutra ligazón.