Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2015

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Fran Alonso, secretario do xurado do Premio Xerais de Novela

Elena Gallego Abad: «Preciso realizar un labor de documentación que sustente a súa historia»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres a Elena Gallego sobre a serie Dragal.   Entrevista a Elena Gallego Abad - Palavra Comum: Que é para ti a literatura? - Elena Gallego Abad: Lectora dende que teño memoria, a literatura foi sempre o meu refuxio, un universo de universos no que viaxar, soñar, vivir outras vidas e tempos imposibles.

María Lado: «A poesía ten que estar entre a xente, a pé de rúa»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á poeta María Lado, que acaba de publicar en Xerais o libro de poemas  oso, mamá, si?.   María Lado: «Eu disfruto tanto recitando que non me imaxino sen facelo» María Lado Lariño (Cee, 1979) é unha das máis relevantes voces contemporáneas da nosa literatura.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais preparou o seguinte programa para a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará do 3 ao 12 de xullo, na rúa Progreso, dentrás do Marco. Día 3 de xullo, venres 13:00 h.:  Pregón a cargo de Ledicia Costas. 20:00 h.:  Presentación de Dragal IV A estirpe do dragón de Elena Gallego Abad con Manuel Bragado. 21:00 h.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Xosé Manuel Moo, secretario do xurado do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil

O horror feito palabra: «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Estimable e novidoso: «Historia da Literatura Galega II. O Rexurdimento», de Xosé Ramón Pena

La Voz de Galicia publicou unha recensión de H. J. Porto sobre o libro Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novela extraordinariamente documentada e esforzada: «A música dos seres vivos», de María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre A música dos seres vivos, de María Reimóndez.   A música dos seres vivos, de María Reimóndez Seica as árbores non deixan ver o bosque, afirma unha sentenza.

Presentación en Ourense de “Juan Rof Codina” de Diego Conde Gómez

O xoves, 2 de xullo, ás 19:30 horas, na sede do Colexio de Veterinarios, rúa Ramón Cabanillas, 4, de Ourense, terá lugar a presentación do libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea de Diego Conde Gómez.

A cidade nebulosa: «Cabalos e lobos» de Fran P. Lorenzo. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación en Vigo da novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, Premio Blanco Amor de Novela 2014.     A cidade nebulosa A presentación de Cabalos e lobos de onte en El Corte Inglés de Vigo foi outra oportunidade magnífica para escoitar a Fran P.

Ledicia Costas: «Un animal chamado néboa é un libro sobre a esencia da barbarie humana»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre a súa novela Un animal chamado néboa.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Helena Pérez, secretaria do xurado do Premio Merlín