Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2015

O libro de poemas «A boca da terra», de Manuel Rivas, esgótase un mes despois de ser editado

Logo dun mes de ser editado, o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas, esgotou a súa primeira edición, confirmando unha aceptación excepcional por parte dos lectores e lectoras. Nestes momentos Xerais está a imprimir a segunda edición deste poemario tan demandado.

Querer coñecerse conduce a renacer: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.   Da galera á nave de cristal Dá xenio ler a Xabier Paz pois sempre arroupa con agarimo o seu rexistro literario e con el lévanos aos tempos, ben documentados e espellados con brillantez, da construción dunha galera que sufraga o arcebispo Xelmírez para combater as razzias dos sarracenos.

Manuel Blanco Desar: «Hai que buscar medidas compensatorias para que quen decida ter fillos non sexa penalizado»

A revista Eco publicou unha longa entrevista de Teresa Rocamonde a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico. (Fotografías de Miguel Muñiz).   A entrevista pode lerse ou descargarse completa en pdf nesta ligazón.

Un roubo épico en «Morena, perigosa e románica», a próxima novela de Pedro Feijoo

La Voz de Galicia publicou unha información de Betsabé Domínguez sobre a próxima novela de Pedro Feijoo, Morena, perigosa e románica, que Xerais publicará a principios do vindeiro mes de outubro. Pedro Feijoo é autor de dúas novelas de moito éxito de público e crítica: Os fillos do mar (2012) e A memoria da choiva (2013), ambas as dúas galardonadas co Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente.

A historia dunha cidade reprimida tras o golpe militar: «Pontevedra nos anos do medo» de Xosé Álvarez Castro

O Diario de Pontevedra publicou unha recensión sobre o libro Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», de Xosé Álvarez Castro. A rencensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Rivas: «Primeiro escribo os poemas no aire». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Manuel Rivas sobre o libro de poemas A boca da terra.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Excelente: «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

Xosé Carlos Caneiro escribiu no seu artigo de La Voz de Galicia sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas.   A néboa Adoitaba a dicir Gonzalo Torrente Ballester que a néboa facía vivir aos galegos nun mundo de marabilla, ficción, unha intrahistoria particular que os diferenciaba do resto do mundo. A súa literatura, e especialmente o lugar de Castroforte del Baralla, bebe dese universo distinto e distinguido.

«Polaroid», de Suso de Toro, unha obra inspidade pola cultura punk, en inglés. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro.   «Polaroid» de Suso de Toro en inglés Soubemos onte da recensión publicada en Winstonsdad’s blog sobre a tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro realizada por Jonathan Dunne e publicada por Small Stations.

A hipocresía dos valores imperantes: «Son noxento», de María Xosé Queizán. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela Son noxento, de María Xosé Queizán.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Sabedorías milenarias: «Tal era vivir«, de Xosé Vázquez Pintor. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre o libro de fondo: Tal era vivir, de Xosé Vázquez Pintor.   «Tal era vivir»: de novo épicos etnólogos de nós mesmos Con este terceiro volume, Tal era vivir, remata Xosé Vázquez Pintor, unha obra colosal que o noso sistema literario acolleu, como acontece de cotío, sen apenas se decatar.

Roberto Salgueiro: «No teatro todo é visible»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez a Roberto Salgueiro.   Roberto Salgueiro: no teatro todo é visible Roberto Salgueiro, (Caracas, 1966) destaca como escritor e como director de teatro galego. A súa primeira obra publicada foi O arce do xardín (gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro, 1988) e que foi levada ao ano seguinte á escena polo Centro Dramático Galego.

Un «thriller» cos ventos da historia: «Agosto de memoria e morte», de Xoaquín Fernández Leiceaga. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga.     Un «thriller» cos ventos da historia O ex deputado socialista no Parlamento de Galicia e economista X.