Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2015

Xabier Paz: «Con esta novela quixen facer unha reflexión sobre a identidade humana e a identidade masculina»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Xabier Paz sobre a súa novela A galera de Xelmírez.

Recensión crítica de «Black Air» e «Winter Letters» as traducións inglesas de «Aire negro» e «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz

A páxina Complete Review publica unha recensión crítica de M. A. Orthofer sobre as novelas Black Air e Winter Letters de Agustín Fernández Paz, traducida por Jonathan Dunne e publicada en inglés por Small Stations dentro da colección «Galician Wave».

Presentación en Narón de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 2 de outubro, ás 19:30 horas, na librería Day, Estrada da Gándara, 141 de Narón, terá lugar a performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro Contos do mar de Irlanda. Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar.

Cando a vida xoga connosco: «Interferencias», de Manuel Seixas. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre Interferencias, de Manuel Seixas.       Interferencias Debo recoñecer que cando comecei a ler Interferencias de Manuel Seixas, publicado por Xerais, estiven a piques de deixalo en varios momentos. Non me atraía, e pensei que iamos estar unha vez máis ante a típica historia de amor. Pero errei.

Unha novela que me perturbou e, ao tempo, me fascinou: «Muros de aire», de An Alfaya. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre Muros de aire, de An Alfaya.     OS HERMÉTICOS “MUROS DE AIRE” DE AN ALFAYA Sempre digo o mesmo, pero é verdade: estou desexando que apareza un novo libro de An Alfaya para gozar.      Posiblemente goce sufrindo ou sufra gozando, pero é que esta muller escribe unha literatura da que estou namorado.

Berta Dávila: «Non creo nesa visión parcelada dos autores que traballamos varios xéneros literarios distintos»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á escritora Berta Dávila.   Berta Dávila: «A literatura infantil e xuvenil que lin de pequena e que continúo a ler de grande, por exemplo, forneceu o meu universo literario actual» Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é unha voces contemporáneas da nosa literatura á que se lle augura un mellor futuro.

Xoaquín Fernández Leiceaga: «Interesábame a historia dos vencedores». Entrevista de Alberto Ramos

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a Xoaquín Fernández Leiceaga sobre a súa novela Agosto de memoria e morte.

Excelente reconstrución histórica dun mundo convulso: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Crítica de Xerardo Agrafoxo

Xerardo Agrafoxo publicou no blog de Barbantia unha recensión sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.

Agasallo duplo: «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo. Crítica de Xavier Queipo

O escritor Xavier Queipo publicou en LG3 unha recensión crítica sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.   Agasallo duplo A primeira novela do xornalista Fran P. Lorenzo coa que acadou o Premio Blanco Amor 2014, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie.

Unha novela que afonda na dor e no sufrimento: «Muros de aire» de An Alfaya

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Muros de aire de An Alfaya, no Café Badía, en Vigo. Tamén o crítico Ramón Nicolás, que participou no acto, publicou en Caderno da crítica anotación sobre o acontecemento que se pode ler nesta ligazón.

Para ler cun chocolate quente: «O último que queda é o amor», de Agustín Fernández Paz

O blog  Mil y una historias, levado por unha estudante, recensionou o libro O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz.     Reseña Express: «O último que queda é o amor» ¡Ola lectores! una vez máis chegou o turno de reseñaros un libro moi especial, xa que está en galego, a miña lingua natal e creo que é un libro que concorda bastante ben co estilo do blog.

Xoaquín Fernández Leiceaga: «Son un lector literario bastante compulsivo, tamén do xénero negro». Entrevista na Radio Galega

O programa Galicia por Diante da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xoaquín Fernández Leiceaga sobre a súa novela Agosto de memoria e morte. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.