Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2015

Ficcionalizar a ficción: «En memoria de Bieito Sanmarful», o orixinal booktráiler da novela «De remate», de Héctor Cajaraville, Premio Xerais 2015

La Voz de Galicia publicou unha información de Ana F. Cuba sobre «En memoria de Bieito Sanmarful», o orixinal booktráiler da novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais 2015.  O booktráiler, realizado por César Galdo co equipo de Entremedias Comunicación, ten máis de nove minutos e un excelente guión, e os actores e actrices que aparecen son, en realidade, veciñas do realizador en San Sadurniño.

Érica Esmoris: «Os libros que máis me gustan son os que contan unha historia que pode medrar comigo ao longo dos anos»

A xornalista Pilar Rego entrevistou no programa Zig-Zag á escritora Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.

Novidade: «Europa Express», de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015. Novela coral, de intriga psicolóxica

Europa Express, de Andrea Maceiras, é a novela gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015. Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.

Pedro Feijoo: «A liorta entre Vigo e A Coruña é un despropósito no que perdemos todos»

Mañá sábado 31 terá lugar un novo Paseo Literario polas rúas da Coruña da man do escritor Pedro Feijoo. O xornalista Guillermo Pardo entrevistouno para Coruña Daily News.

Roteiro Literario con Xurxo Souto mañá sábado: ««A toponimia das pedras percebeiras da Torre de Hércules. Ruta de Ulyses Fingal»

A AELG organiza un Roteiro Literario na Coruña con Xurxo Souto mañá sábado: ««A toponimia das pedras percebeiras da Torre de Hércules. Ruta de Ulyses Fingal».   Roteiro literario pola Coruña con Xurxo Souto «A toponimia das pedras percebeiras da Torre de Hércules.

Presentación en Santiago de “De remate” de Héctor Cajaraville. Premio Xerais de Novela, 2015

O venres, 6 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, de Santiago, terá lugar a presentación da novela De remate de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela, 2015. No acto, no participarán Pilar Ponte Patiño, Manuel Bragado e Héctor Cajaraville, proxectarase o booktrailer “De remate. En memoria de Bieito Sanmarful” de César Galdo.

Presentación en Noia de “Agosto de memoria e morte” de Xoaquín Fernández Leiceaga

O venres, 6 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, de Noia, terá lugar a presentación da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga. No acto, organizado pola Concellería de Cultura de Noia, a Asociación Cultural Barbantia e Xerais, participarán Xesús Laíño, Presidente de Barbantia; José Manuel Lage, Concelleiro de Cultura; e Xoaquín Fernández Leiceaga.

Presentación na Coruña de “A música dos seres vivos” de María Reimóndez

O venres, 6 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, rúa Enrique Dequidt, 12, A Coruña, terá lugar a presentación da novela A música dos seres vivos de María Reimóndez. O acto, organizado dentro do programa “Os venres nas librarías”, contará con Fran Alonso, María Reimóndez e a participación musical de Mercedes Peón.

O calendario de Alberto Martí. Calendario Xerais 2016: as fotos da emigración

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o Calendario Xerais 2016.   O calendario de Martí Xa está á venda o Calendario Xerais 2016 dedicado á serie sobre a emigración do fotógrafo Alberto Martí.

Héctor Cajaraville, Premio Xerais 2015: «A miña novela ten unha estrutura diferente ao convencional»

O escritor Héctor Cajaraville, gañador do Premio Xerais 2015 coa novela De remate, foi entrevistado  por Kiko Novoa no programa Galicia por Diante da Radio Galega. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Luís García Mañá: «Galicia foi unha importante base de espías durante a II Guerra Mundial»

Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Elena Ocampo sobre Por que as sombras non teñen ollos, a última novela de Luís García Mañá. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

As pulsións da morte: «Muros de aire», de An Alfaya. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.