Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2015

Un libro diferente que paga a pena ler: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015.   De remate Onte estivemos no club de lectura con Héctor Cajaraville e o seu De remate, último premio Xerais. Así que esta foi a miña última lectura, o que constituíu unha boa elección, xa que houbo momentos lectores ben agradables e divertidos.

Manuel Rivas: «Hai que poñer a proba tamén aquelas cousas que semellaban inamovíbles»

O escritor Manuel Rivas foi entrevistado  por Kiko Novoa no programa Galicia por Diante da Radio Galega sobre a súa novela O último día de Terranova. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un universo creativo que engancha: «Unha casiña branca», de Marcos Calveiro. Crítica en Brabádegos

A revista Brabádegos publicou unha recensión sobre o libro infantil Unha casiña branca, de Marcos Calveiro, ilustrada por Marcos Viso.   Golsar refugallos, unha casiña branca Vai frío un frío totalmente acaído para ler tras os cristais deixándonos acariñar polas raiolas de sol.

Escrita de pantasmas e cicatrices, de velenos doces: «s/t», de Emma Pedreira. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Os Premios Xerais no Ateneo de Pontevedra

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación conxunta dos tres Premios Xerais no Ateneo de Pontevedra, así como do acto de presentación de O último día de Terranova, de Manuel Rivas, na libraría Sisargas.   Os Xerais no Ateneo As perdas da fin de semana adiaron a reseña do que foron as presentacións nas que participamos esta fin de semana.

Ledicia Costas: «A escrita é un exercicio de liberdade; hai que asumir riscos»

La escuela publicou unha entrevista de Ana López á escritora Ledicia Costas, recente Premio Lazarillo 2015 pola súa novela xuvenil Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante e recente Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Pepe Chao, pensador irimego

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o falecemento de Xosé Chao Rego, que reproducimos.  A dirección e o cadro de persoal de Xerais súmase o fondo pesar pola súa desparición.   Pepe Chao, pensador irimego Cando comezabamos onte a presentación da novela de Rivas souben do falecemento de Xosé Chao Rego, o pensador irimego.

Novidade: «Arman e a fábrica podre». Salvar os animais e as plantas!

Arman e a fábrica podre é un libro de Llort e Macip, ilustrado por Sergi Cámara e pertence serie «Son un animal». Arman descubriu os trapos sucios da fábrica de Bundesfraü. Está decidido a deter o desastre e salvar os animais e as plantas de Virolainek! Para conseguilo conta coa axuda dos seus amigos, de Tim, a súa espelida mascota… e mais do SEU PODER SECRETO.

Presentación en Betanzos de “Nena e o mar” de Érica Esmorís e “Europa express” de Andrea Maceiras

O venres, 4 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación dos libros Nena e o mar de Érica Esmorís (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015) e Europa express de Andrea Maceiras (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015). No acto estarán acompañadas polo músico norirlandés Matthew Ward.

Falece o escritor Xosé Neira Vilas

O escritor Xosé Neira Vilas faleceu hoxe na súa casa en Gres, Vila de Cruces. aos 87 anos de idade.  A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar o seu fondo pesar polo falecemento e resaltar a importancia e o valor do seu papel no ámbito da literatura e a cultura galegas.

Un espazo de contrabando de libros: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas.

Un país hexemonicamente urbano: «A Galicia urbana», de Rubén Lois e Daniel Pino

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo arredor do libro A Galicia urbana, un libro coordinado por Rubén Lois e Daniel Pino.   A Galicia urbana Galicia é un país hexemonicamente urbano.