Menu Xerais

Con música e sensibilidade: «O trompetista e a Lúa», de Xelís de Toro. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O trompetista e a Lúa, de Xelís de Toro, ilustrado por María Lires.

 

O trompetista e a Lúa

Con ilustracións de María Lires publica Xerais este libro de Xelís de Toro: O trompetista e a Lúa. Unha aventura musical dunha persoa que, sobre todo, persegue os seus soños. E para conseguilos vai necesitar a axuda da mesma Lúa. E por que non? O máis importante é a capacidade de traballo da persoa, o sacrificio que se autoimpón para poder alcanzar a meta que se propuxo. O autor explica que se baseou nun personaxe real para construír este da ficción, unha ficción que xira arredor da música e da sensibilidade que cómpre para escoitala, amala, reproducila. Porque a Natureza ten a súa propia música e non sabemos escoitala, Xelís de Toro lémbranos a importancia dese silencio que nos cómpre para non esquecer que todo llo debemos a ela. A esa natureza que nos empeñamos en arrasar. Estes días mesmo -e novamente- con lume. A ver se aprendemos!!!

Deixa un comentario!