Menu Xerais

Arquivo anual: 2016

«Todo ser humano é un río», de Manuel Veiga Taboada, e «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz; dúas novelas para o Nadal recomendadas por Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha listaxe recomendando seis novelas, entre as que se atopan dúas de Xerais: a novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada, e a novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. O listado completo das recomendacións pode verse en pdf nesta ligazón.

Isaac Xubín: «Quixen reflectir na novela os sufrimento das clases desfavorecidas»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor  Isaac Xubín sobre a súa novela Non hai outro camiño. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Lecturas recomendadas por César Lorenzo en Biosbardia: Ismael Ramos, Isaac Xubín, Francisco Coimbra e Ledicia Costas

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha listaxe recomendando 12 libros do 2016. Reproducimos os publicados por Xerais. A listaxe completa pode verse nesta ligazón.       12.

A indignación e a denuncia que vén da man da beleza: «Exhumación», de Marcos Abalde Covelo. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas Exhumación, de Marcos Abalde Covelo, que foi Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Moi entretida e moi recomendable: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo. Crítica de Javier Rivero Grandoso

A revista Madrigal publicou unha recensión de Javier Rivero Grandoso sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo. A crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha trama entretida: «Placebo», de Jaureguizar. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Placebo, de Jaureguizar. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

David Pérez Iglesias: «A novela céntrase no que lle contaría un avó a unha neta á que apenas coñece». O fío que nos une á terra

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor David Pérez Iglesias, sobre a súa novela Todo o tempo do mundo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2016, ilustrada por Marcos Viso, A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha novela negra comprometida, viva, moi orixinal: «A ira dos mansos», de Manuel Esteban. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Dolores Redondo, gañadora do Premio Planeta 2016, visita a Ribeira Sacra para falar da súa novela «Todo isto che darei»

Galicia confidencial publicou unha información sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016, e a próxima visita da súa autora á Ribeira Sacra.     A gañadora do Premio Planeta 2016 visita a Ribeira Sacra Dolores Redondo chega a Monforte convidada polo alcalde e da man de edicións Xerais para presentar “Todo isto che darei”.

Xosé Ramón Pena: «As Irmandades da Fala lograron que todo o que tivese que ver con Galicia fose visto como algo positivo»

O escritor e investigador Xosé Ramón Pena presentou no Club Faro o seu libro Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena. Faro de Vigo publica unha información ao respecto que pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

A novela do Premio Planeta, en galego e ambientada en Galicia: «Todo isto che darei», de Dolores Redondo

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016. A información pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

A escrita planta. Texto de Montse Pena Presas sobre «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas

Reproducimos o texto de Montse Pena Presas lido na presentación da novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, en Santiago de Compostela.     A escrita planta A escrita de Ledicia Costas é como unha planta.