Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2016

Orellas, filloas e peliqueiros. Viva o entroido!

Chega o entroido, é tempo de orellas, filloas e peliqueiros e en Xerais recuperamos dous excelentes libros sobre este tempo tan de noso, con humor crítico e gastronomía. Miguel Vilas ofrécenos o xeito de cociñar e disfrutar do cocido, do lacón con grelos, da androlla, das filloas e freixós, das orellas de frade, das rosquillas, do tripón doce, etc.

Viaxes e misteiro nunha lectura áxil: «Europa Express», de Andrea Maceiras. Crítica de María Navarro

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de María Navarro  sobre  a novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Rivas: «Terranova é a literatura e o dereito a soñar»

O escritor Manuel Rivas presentou onte en Carballo, na Biblioteca Rego da Balsa, a súa novela O último día de Terranova. Reproducimos a información da Voz de Galicia:     Un día feliz para as librarías e os libreiros O escritor Manuel Rivas presentou na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo «O último día de Terranova» Manuel Rivas volveu onte a onde tanto tempo pasou e a onde tanto escribiu: Carballo.

Delicioso volume: «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre  o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A obra teatral Raclette, de Santiago Cortegoso, Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais 2014, comeza a súa andaina polos escenarios

A representación teatral da obra Raclette, de Santiago Cortegoso Calvar, que foi Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014, estereouse no Teatro Rosalía de Castro de Compostela e comeza agora a súa andaina polos escenarios do país. Da man de Ibuprofeno, esta fin de semana represéntase  en Cangas en dobre función: o venres ás 11.00h (concertada con centros de ensino) e o sábado ás 21.00h no Auditorio Municipal.

Presentación na Coruña de “A noite enriba” de Diego Ameixeiras

O venres, 5 de febreiro, ás 19:00 horas, na FNAC, praza de Lugo, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación da novela A noite enriba de Diego Ameixeiras. No acto participarán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Bragado e Diego Ameixeiras.

Presentación en Pontevedra de “O último día de Terranova” de Manuel Rivas

O xoves, 4 de febreiro, ás 20:00 horas, n’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, terá lugar a lectura, presentación e coloquio arredor da novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, participarán Manuel Bragado e Manuel Rivas.

Presentación en Pontevedra de “Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos”

O luns, 1 de febreiro, ás 20:00 horas n’ A Casa das Campás, en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos.

Andrea Maceiras: «Con Europa Express quixen escribir unha novela atemporal e de carácter universal»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Andrea Maceiras sobre a súa novela Europa Express, de Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.   A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha novela para que o lector non se despegue das súas páxinas: «A noite enriba», de Diego Ameixeiras. Reportaxe en Tempo de lecer

Tempo de lecer publicou unha entrevista con Diego Ameixeiras sobre a súa novela A noite enriba.

Unha proposta cun sorriso doce: «O día que choveu do revés», de María Canosa e Dani Padrón. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado O día que choveu do revés, de María Canosa e Dani Padrón.   O día que choveu do revés Volve María Canosa a agasallarnos cun sorriso doce cunha das súas propostas de lectura infantil, publicada desta volta por Xerais con ilustracións de Dani Padrón: O día que choveu do revés ten un protagonista moi particular: as nubes.

Unha xoia: «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

O blog Vasoiras de xibarda publicou unha anotación sobre o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas.   UNHA LENDA, UN POEMA, UN DESEÑO; UNHA LENDA, UN POEMA, UN DESEÑO; UNHA LENDA… A idea é óptima.