Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2016

Manuel Rivas: «Camiñamos sobre a liña do horizonte como funámbulos»

O xornal El Correo Gallego publicou unha reportaxe de José Miguel Giráldez ao escritor Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova.

Xabier Quiroga: «A memoria e o intento de explicación do noso presente van estar sempre comigo»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Xabier Quiroga sobre a súa novela Izan o da saca.   «Hai unha mecha acesa, que di moito do que virá, xa sexa revolución ou desfeita dun sistema caduco» “A memoria e o intento de explicación do noso presente creo que van estar sempre comigo e aparecen acotío nas miñas novelas.

Os máis vendidos repiten en febreiro: «O último día de Terranova», «Europa Express» e «Escarlatina, a cociñeira defunta»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de xaneiro a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas.

Un retrato moi cabal do mundo rural: «Que non te aten» de Manuel Iglesias Turnes. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes.   «Que non te aten» de Manuel Iglesias Turnes en Negreira Onte contei 114 participantes na Casa da Cultura de Negreira no acto da presentación de Que non te aten, a segunda novela de Manuel Iglesias Turnes.

Alberto Fortes: «No século XVIII Galicia era un país de contrabando e tabernas á beira dos camiños». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Alberto Fortes sobre a súa novela de aventuras O dobrón de a oito. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un libro que dá ganas de viaxar: «Europa Express», de Andrea Maceiras. A opinión de dúas estudantes do IES de Poio

Reproducimos a opinión de dúas estudantes do Club de Lectura da biblioteca do IES de Poio sobre a novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.

Presentación en Carballo de “A antesala luminosa” de Antonio Tizón

O xoves, 10 de marzo, ás 18:00 horas, na sede de APEM, Avda. Cristina, 2, de Carballo, terá lugar a presentación da novela A antesala luminosa de Antonio Tizón. No acto, organizado pola Asociación Pro Enfermos Mentais e Xerais, participarán o psiquiatra Juan Carlos Díaz del Valle e Antonio Tizón.

Presentación en Vigo de “Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos”

O xoves, 10 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro de Documentación Feminista na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, rúa Joaquín Yáñez, 6-2º, Vigo, terá lugar a presentación do libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos. No acto participarán Fernanda Padín, autora dos textos e Mary Quintero.

A Galicia moderna dos anos 20 e 30 coutada polo golpe de estado do 36: «Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea de Diego Conde Gómez. Así mesmo, reproducimos un vídeo da presentación coa intervención musical de Manolo Maseda gravado por @onosolar.

Anxo Angueira: «Follas Novas é un libro enorme, infinito»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e responsable da nova edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, que acaba de publicar Xerais na colección Clásicos. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «A cacería», de Amadeo Cobas. Unha novela de aventuras, épica e premiada

A cacería, de Amadeo Cobas é unha novidade da colección Fóra de Xogo. V Premio Internacional de Novela Curta «Cidade Centenaria de Riveira» Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto.

«O sangue dos camiños», de Ramón Caride. Crítica no blog KindleGarten

O blog KindleGarten publicou unha recensión sobre a novela O sangue dos camiños, de Ramón Caride.     O sangue dos camiños – Ramón Caride Sinopse: Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida.