Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2016

O carácter irónico da poesía: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro Teoría do riso, de Antón Patiño. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Moitas voces falando ao mesmo tempo: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela

O xornal Diario de Arousa publicou unha información sobre a novela A rotura das paisaxes, de Xesús Constela. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Hai nenos que me recoñecen pola rúa, é alucinante»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Mar Mato á escritora Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Universalizar temas como o odio, o rancor e o fracaso: «Cara ao leste», de Antía Nara. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela Cara ao leste, de Antía Nara. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Diversión e crítica social: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández, é unha novidade da colección Merlín (De 9 anos en diante).

Unha gran lección: mentres hai vida, hai esperanza e futuro: «Nena e o mar», de Érica Esmoris. Crítica de Eulalia Agrelo

Eulalia Agrelo Costas publicou en El correo Gallego unha recensión crítica sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.

Un conto fantástico e unha historia real que se funden de marabilla: «O corazón da maxia», de Xavier Estévez. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión crítica de Celia Pereira Porto sobre O corazón da maxia, de Xavier Estévez, ilustrado por Santy Gutiérrez.   A aventura da vida e a xenerosidade do amor –“Por que temos que morrer, mamá?” Ás veces resulta difícil responder preguntas simples, a seres que as formulan de forma inocente, tan só coa declarada e verdadeira intención de querer saber.

Con retranca e moito humor: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo. Recensión en «Páginas de nieve»

O blog Páginas de nieve publicou unha recensión sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo.     «Morena, perigosa e románica», Pedro Feijoo A frase: “Supoño, compañeiro, que ao final neste mundo só hai dúas cousas que nos igualan ante a vida: unha é a morte […] e a outra a teima esa de estoupar as burbullas do plástico de embalar. Non hai quen se resista a ningunha delas.

Encontro con Manuel Veiga en Gondomar

O xoves, 7 de abril, ás 20:30 horas, na librería Libraida, rúa Rosalía de Castro, 13, en Gondomar,  terá lugar o encontro co escritor Manuel Veiga autor dos libros Manuel María, buscando un país e Manuel María. Vida, versos e rebeldía.

Presentación en Santiago de “A cacería” de Amadeo Cobas

O xoves, 7 de abril, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, de Santiago, terá lugar a presentación do libro A cacería de Amadeo Cobas, V Premio Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira”. No acto participarán Ánxela Gracián e Amadeo Cobas.

Presentación en Vigo de “A cacería” de Amadeo Cobas

O mércores, 6 de abril, ás 20:00 horas, no Café de Catro a Catro, rúa Girona, 3, en Vigo, tera lugar a presentación do libro A cacería de Amadeo Cobas, V Premio Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira”. No acto participarán Franco Cobas, Helena Pérez e Amadeo Cobas.

Manuel Iglesias Turnes: «Gustaríame que houbese un rural moi activo e poboado, como moitas explotacións familiares»

O escritor Manuel Iglesias Turnes foi entrevistado  por Kiko Novoa no programa Galicia por Diante da Radio Galega sobre a súa novela Que non te aten. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.