Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2016

Antonio García Teijeiro: «Non concibo a miña vida sen o mar»

Faro de Vigo publica unha información de Amaia Mauleón a Antonio García Teijeiro sobre o seu libro Poemar o mar, ilustrado por Xan López Domínguez. A información pode lerse ou descargase en pdf nesta ligazón.

Novela coral, intemporal e de denuncia: «Cara ao leste» de Antía Nara. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Cara ao leste de Antía Nara.   RENDER CONTAS Discurso que centraliza o seu obxectivo na análise e descrición dos tipos, das personaxes que poboan ambos mundos, as que sofren a violencia e tamén as que a desencadean.

«E se nós non somos nós, quen será nós», videopoema de Alberte Calo sobre un texto de «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón

«E se nós non somos nós, quen será nós» é un videopoema de Alberte Calo sobre un texto do poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. A música é de de Kai Engel.

Texto de Malores Villanueva sobre «Os fillos da fame», de Ismael Ramos

O blog O triste Stephen publica o texto que escribiu Malores Villanueva para a presentación do libro de poemas Os fillos da fame, de a Ismael Ramos, Premio de Poesía Johán Carballeira 2015.

XG00247101

Contra unha imaxe da historia de Galicia paralizante e negativa do noso pasado. Un libro necesario, oportuno, aberto e divertido

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Historia das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert.   «Historia das historias de Galicia» en Couceiro Interesantísima resultou onte a presentación en Couceiro de Historia das historias de Galicia, o fascinante libro colectivo editado por Isidro Dubert.

Unha autora coa exquisitez do simple na súa escrita: “Cara ao leste” de Antía Nara. Crítica de Dolores Martínez Torres

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha crítica de Dolores Martínez Torres sobre a novela Cara ao leste de Antía Nara.

“Poemar o mar” ábrenos, sobre todo, os ollos e os oídos ao ritmo das frases, ao papel da rima, aos xogos coas palabras.

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e aloumiños un artigo de Manuel Veiga sobre o libro  Poemar o mar de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López Domínguez.     Poemar o mar, a poesía de García Teixeiro desde outro punto de vista.

Xesús Constela: «Quero que o lector sinta as cousas sen que eu lle teña que contar nada»

Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra a longa entrevista dunha conversa entre o escritor Xesús Constela, arredor da súa novela A rotura das paisaxes, e a escritora Tamara Andrés, logo de que ambos os dous mantivesen un animado encontro na biblioteca do IES de Poio conducido polo xornalista. (Foto de Gonzalo García) A conversa pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Rivas: «Galicia é unha máscara triste que ten detrás un rostro que ri». Entrevista en La Nación de Bos Aires

O xornal La Nación de Bos Aires publica unha entrevista de Martín Rodríguez Yebra con Manuel Rivas centrada na súa novela O último día de Terranova, que esta fin de semana recibiu o Premio Premio da Crítica.

Valente, ousado, intrépido: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala da novela  A rotura das paisaxes, de Xesús Constela. Sobre  Constela a súa novela, Caneiro afirma que é «ousado, intrépido, formalmente impecable. A literatura galega precisa voces como a súa», para engadir máis adiante: «Esta é a obra fundamental deste autor de perspectiva impar, non clasificable, como os seus textos.

Un libro que é signo dos tempos: «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food», de Álex Alonso. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro  Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.

Relatar a Historia: «Historia das historias de Galicia», de Isidro Dubert (edit.). Artigo de Xosé Ramón Pena

O escritor Xosé Ramón Pena. publicou en Faro de Vigo un artigo sobre o libro Historias das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.