Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2016

Xerais Básicos Ciencia, unha colección de divulgación científica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Xerais Básicos Ciencia, a nova colección de divulgación científica de Xerais.     Xerais Básicos Ciencia Entre os lanzamentos de Xerais desta primavera destaca Historia do ADN.

María Solar: «O 79 foi un ano de transición política, de transición social e de transición persoal e familiar»

Radio Obradoiro emitiu unha entrevista coa escritora María Solar sobre a novela As horas roubadas. A entrevista pode escoitarse nesa ligazón.

Simbiose entre fabulación e realidade histórica nunha novela apaixonante: «Izan o da saca», de Xabier Quiroga. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Izan o da saca, de Xabier Quiroga.   Nazis na Galiza “Se todos os feitos relatados neste libro fosen tirados da fantasía non quedarían verdades nos recunchos máis agochados da nosa historia” (11) Así conta a nota do autor que encabeza esta snova novela de Xabier Quiroga.

Crónica da presentación de «Masculino singular», de Carlos Negro, en Lalín. En Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha crónica da presentación do libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro, en Lalín.   Presentación de «Masculino Singular» Sempre é un pracer estar cos amigos, coa xente que se quere. E se un destes amigos presenta un seu libro, a satisfacción e o orgullo é dobre.

Intriga e denuncia social sobre abusos sexuais a menores, un tema pouco frecuente na literatura galega: «A dúbida», de María Reimóndez

O xornal Diario de Arousa publicou unha información sobre a novela A dúbida, de María Reimóndez, XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Libro moi recomendable: «Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido», de Jaureguizar. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela  Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido, de Jaureguizar, pertencente á serie Os Sabuxos (colección Sopa de Libros). A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O mar sempre aberto a un futuro de ilusións: «Poemar o mar» de Antonio García Teijeiro. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Poemar o mar de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López Domínguez.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha novela de intriga que parte do expolio do patrimonio que sufriu Galicia: «O anxo negro» de Manuel Gago

Galicia Confidencial publicou unha reportaxe de Xurxo Salgado sobre a presentación da novela O anxo negro, de Manuel Gago.   Un libro revive o expolio do patrimonio que sufriu Galicia O xornalista e escritor Manuel Gago presenta O Anxo Negro, unha novela de intriga e aventura, baseada nos numerosos expolios de igrexas rurais que sufriu Galicia a partir do Concilio Vaticano II.

María Solar: «A rutina esmaga os sentimentos e fai que non pelexes por nada novo»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista coa escritora María Solar sobre a novela As horas roubadas. A entrevista pode verse nesta ligazón.

O mellor Ramón Caride: «Liquidación de existencias». Texto de Domingo Tabuyo

O blog Novenoites publica a intervención de Domingo Tabuyo Romero na presentación do libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride.   Liquidando, que é xerundio “Con LIQUIDACIÓN DE EXISTENCIAS regresa ao panorama literario, da novela curta ou dos relatos, o mellor Ramón Caride. Ese escritor poliédrico,  policreativo e multipremiado, e con cada vez, maior e merecidamente, mellor valoración na nosa Escrita.

Terceira edición do Encontro Dragal no Pico Sacro con Elena Gallego Abad

O venres 27 de maio vaise celebrar, no cumio do Pico Sacro, unha nova edición do Encontro Dragal, coa presenza de Elena Gallego.

Novela de intriga de longo alento, entre o xénero negro e o histórico: «O anxo negro» de Manuel Gago

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela O anxo negro, de Manuel Gago.   «O anxo negro» de Manuel Gago Acompañamos onte a Manuel Gago na presentación da súa primeira novela, O anxo negro.