Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2016

Axitar conciencias: «A dúbida», de María Reimóndez. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela A dúbida, de María Reimóndez, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Felipe Criado: «A paisaxe é a forma de organizar a contorna de cada época e de cada sociedade». Diálogo arredor do «Atlas Arqueolóxico da Paisaxe Galega»

Galicia confidencial publicou unha entrevista de Alberto Quián a  Felipe Criado Boado e César Parcero sobre o Atlas arqueolóxico da paisaxe galega.

Catro décadas de traballo con narracións e informantes que desapareceron: «Contos e lendas arraianos», de José Rodríguez Cruz

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Contos e lendas arraianos, de José Rodríguez Cruz, ilustrado por Pilar Sevillano.

Novela de sobresaliente: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   O espello do mundo Fai tempo que veño seguindo a Ramón Nicolás nas redes sociais e na súa web Caderno da crítica, onde sube a diario novas do mundo editorial en galego ademais de fermosas críticas que teñen como virtude a súa profundidade e coñecemento de quen leva máis de dúas décadas exercéndoa.

Ledicia Costas: «A miña novela é unha homenaxe a Vigo»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas á escritora Ledicia Costas, pola súa novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta,  Premio Lazarillo de Creación Literaria 2015 (Foto de Xoán Carlos Gil) A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Premios Xerais 2016. Entrevistas en vídeo: Antonio Manuel Fraga, escritor

Diego Giráldez: «Quería que os lectores percorresen a galería destes relatos coma quen percorre unha galería de arte»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Diego Giráldez, autor de Galería de saldos. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Un libro sorprendente e prometedor: «Os fillos da fame», de Ismael Ramos. Crítica de Chus Nogueira

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de María Xesús Nogueira sobre o libro de poemas Os fillos da fame, de Ismael Ramos. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Santiago Cortegoso: «Vexo a miña evolución dentro do teatro como unha carreira de fondo»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres ao escritor a Santiago Cortegoso, autor de Raclette, Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais.

Premios Xerais 2016. Entrevistas en vídeo: Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG

Anxo Fariña: «Son un contador de historias que usa varios medios para expresarse»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Anxo Fariña, sobre a súa última novela, Horizontes de sucesos. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha boa radiografía do noso tempo: «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food», de Álex Alonso. Crítica de Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.