Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2016

A obra máis destacada da ficción galega nos últimos anos: «O anxo negro» de Manuel Gago. Crítica de Juan Bonome

Juan Bonome Rodal publicou no seu blog, Lavandeira 1968, unha recensión sobre a novela O anxo negro de Manuel Gago.     O anxo negro O roubo dunha virxe nun mosteiro esquecido dunha cativa aldea na Costa da Morte é o motivo polo que os veciños de esta aldea deciden solicitar a axuda dun capitan retirado da mariña mercante, afecionado á historia da zona.

Luís Rei Núñez: «A novela pode ser a imaxe máis fiel do seu tempo»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor ao escritor Luís Rei Núñez sobre a súa novela O encargo do señor Castelao. (Foto de Alba Sotelo). Luís Rei Núñez: «A historia do que está acontecendo agora non nace no 15-M. É un camiño que vén de moi atrás» Castelao e José Gómez Gayoso.

Novela híbrida, rica e ben escrita: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.     Novela híbrida “Aquel lugar fora, durante un tempo, o espello do mundo” (191) Aquel lugar é San Pedro de Ramirás; o tempo, mediados do século XII; a razón, o inmenso poder que o mosteiro tiña.

Prosa fermosa, melódica e estilo sinxelo: «Recinto gris», de Ledicia Costas. Recensión de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Recinto Gris, de Ledicia Costas.   Ledicia Costas, Recinto Gris Lendo esta xoia dáse un conta de que calquera hora que se pasa lendo a Ledicia Costas é unha hora marabillosa. E se son días, meses ou anos, como levo xa enriba, é pura felicidade.

Presentación en Ramirás de “O espello do mundo” de Ramón Nicolás

O sábado, 3 de setembro, ás 20:30 horas, no Local Social de Escudeiros en Ramirás, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. No acto participarán Xesús Alonso Montero, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Carlos Méndez, Manuel Bragado, Ramón Nicolás e o gaiteiro Manuel Ferro. Ao remate serviranse viño e petiscos.

Novela sólida e documentada: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez.     O segredo do pastor de estrelas Luís Rei traza o percorrido vital dos últimos anos de Afonso Daniel Rodríguez Castelao partindo das ansias de vinganza que agroman tras un encontro que o rianxeiro mantén co militante comunista José Gómez Gayoso.

O pulso da vida: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de relatos Galería de saldos, de Diego Giráldez.   A vida que non é de purpurina Estréase co mo narrador con libro independente Diego Giráldez con Galería de saldos: unha proposta amarrada á actualidade e, ao mesmo tempo, orixinal en canto á súa estrutura e tonalidade.

Interesante e necesario: «Historia das historias de Galicia». Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños sobre Historia das historias de Galicia, coordinado por Isidro Dubert. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Con páxinas magníficas: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Artigo de Xesús Alonso Montero

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala sobre novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.

Texto de Lucía Novas sobre «Os fillos da fame», de Ismael Ramos

O blog O triste Stephen publica o texto que escribiu Lucía Novas para a presentación do libro de poemas Os fillos da fame, de a Ismael Ramos, Premio de Poesía Johán Carballeira 2015.

A historia como ficción: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela  O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novela forte e envolvente: «A dúbida», de María Reimóndez. Recensión de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre a novela A dúbida, de María Reimóndez, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.   Letters in Books: A dúbida Collín A dúbida (2016) de María Reimóndez e lina no baleiro de non saber nada previo sobre o libro. Trata dun tema serio e punzante: o abuso de menores.