Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2016

Presentación de “A ira dos mansos” de Manuel Esteban (Premio Xerais de Novela 2016) en Vigo

O venres, 7 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, de Vigo, terá lugar a presentación do libro A ira dos mansos de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016. No acto participarán, Marta Gómez González, Manuel Bragado e Manuel Esteban.

Do «natural» e o «ideolóxico»: artigo de Lara Rozados en A Sega sobre o ensaio «Anti Natura», de María Xosé Queizán

Lara Rozados publicou en A Sega unha recensión crítica sobre o ensaio Anti Natura de  María Xosé Queizán.     Do «natural» e o «ideolóxico» Neste ensaio (Anti natura, Xerais, 2008), María Xosé Queizán dálles unha volta ás ideas asumidas como lexítimas nas que se asenta o patriarcado.

Presentación de “Poemas birollos para ler cos ollos” de Fran Alonso en Ourense

O venres, 7 de outubro, ás 18:30 horas, na librería Espacio Lector Nobel, rúa da Concordia, 8,  Ourense, terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e do libro de contos Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Fran Alonso e Xela Alonso.

Presentación en Vigo de “Non debían medrar” de Manuel Lueiro Rey

O xoves, 6  de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación dos libros de Manuel Lueiro Rey  Non debían medrar, editado por Xerais, e Novas crónicas dunha transición intransixente, editado por Laiovento, en edición de Ramón Nicolás. No acto participarán Pepe Carreiro, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.

Proposta orixinal que desmonta tópicos: «Axente riciños», de El Hematocrítico. Crítica de Paula Fernández

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Paula Fernández sobre o álbum Axente riciños, de El Hematocrítico, ilustrado por Alberto Vázquez. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novidade: «Cousas de papá», de Raúl Gómez Pato é un álbum de poesía infantil musicado por Héctor Lorenzo e ilustrado por Blanca Barrio

Cousas de papá, é un libro de poesía infantil de Raúl Gómez Pato cos poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro nun CD que inclúe o libro e ilustrado por Blanca Barrio. Esta é a historia dun pai e dunha nena… Non, mellor non… Esta é a historia dun pai e dun neno… Tampouco… Esta non é ningunha historia.

Tres libros de Xerais, finalistas dos Premios Frei Martín Sarmiento, da autoría de Héctor Cajaraville, Manuel Rivas e María Solar

Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville; Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas, e  As horas roubadas, de María Solar son os libros de Xerais elixidos finalistas en tres categorías da XIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento.   Finalistas de Xerais da décimo terceira edición 3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria CAJARAVILLE, HÉCTOR; Quen dá a quenda; Ed.

As mulleres como coñecedoras e depositarias do saber: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación da novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.     Onte 1752 Xuntámonos no espazo agarimoso da Libraría Cartabón para presentar O espello do mundo de Ramón Nicolás e celebrar que fose reeditada dous meses despois da súa aparición.

Isaac Xubín: «Ás veces tes que estoupar. É tan inxusto o que sucede, que non che queda outra»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López a ao escritor  Isaac Xubín sobre a súa novela Non hai outro camiño. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela poderosa: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación da novela Non hai outro camiño, de Isaac Xubín.   Presentación de «Non hai outro camiño» de Isaac Xubín Magnífica presentación a do serán de onte en Pontevedra de Non hai outro camiño de Isaac Xubín.

Presentación de “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez na Coruña

O mércores, 5 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panadeiras, 12, A Coruña, terá lugar a presentación da novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto participarán Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Manuel Bragado, director de Xerais, e Luís Rei Núñez, autor.

A Transición e os amores difíciles: «As horas roubadas», de María Solar. Artigo de J. M. Giráldez

O suplemento de El Correo Gallego publicou este domingo un artigo de José Miguel Giráldez sobre a novela As horas roubadas, de María Solar. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.