Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2016

Presentación en Noia de “Todo o tempo do mundo” de David Pérez Iglesias

O venres, 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, rúa Corredoira de Luis Cadarso, s/nº, en Noia, terá lugar a presentación do libro Todo o tempo do mundo de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil, 2016. No acto, organizado en colaboración co Concello de Noia, participarán Agustín Agra, Manuel Bragado e David Pérez Iglesias.

Presentación en Lalín de “As horas roubadas” de María Solar

O venres, 4 de novembro, ás 20:30 horas, no Museo Ramón María Aller Ulloa, en Lalín, terá lugar a presentación da novela As horas roubadas de María Solar. No acto, organizado en colaboración co concello de Lalín, participarán Gracia Santorum e María Solar.

Presentación en Pontevedra de “Todo ser humano é un río” de Manuel Veiga Taboada

O xoves, 3 de novembro, ás 20:00 horas, n’A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal), en Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Todo ser humano é un río de Manuel Veiga Taboada. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participaran Anselmo López Carreira, Xaime Domínguez Toxo, Manuel Bragado e Manuel Veiga Taboada.

Manuel Veiga: «A literatura nace das dúbidas: escribo a medida que vou aprendendo; o mesmo proceso que propoño ao lector»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación en Vigo da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada.   «Todo ser humano é un río» de Manuel Veiga» Presentamos no serán de onte na libraría Librouro de Vigo Todo ser humano é un río, a nova novela de Manuel Veiga.

Novela negra para pulverizar conciencias: «A ira dos mansos», de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela 2016

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela 2016. A ira dos mansos Manuel Esteban é o autor d’ A ira dos mansos, Premio Xerais de novela 2016 quen vén de publicar a editorial Xerais.

Sobre a nosa identidade e o noso pasado: «Historia das historias de Galicia». Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Historia das historias de Galicia, coordinado por Isidro Dubert.

Unha novela irónica, sarcástica e amena: «O beato», de Alfredo Conde. Crítica de Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela O beato, de Alfredo Conde. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novidade: «Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX», da Red Temática de Investigación LIJMI

Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX é un estudo da Red Temática de Investigación LIJMI Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) achegan neste volume diversas reflexións centradas no tema Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, coa intención de que os profesionais da mediación entre o libro e a lectura atopen nestas páxinas un

Crítica de César Lorenzo Gil sobre «Que non te aten» de Manuel Iglesias Turnes

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. A recensión pode lerse nesta ligazón.

Manuel Esteban: «Atráenme as personaxes ambiguas da novela negra, ese que están na fronteira moral, porque dan moito xogo»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor  Manuel Esteban, autor de A ira dos mansos, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Manuel Veiga: «A miña novela é unha reinvindicación da Galicia interior con personaxes reais»

La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevistaa Manuel Veiga Taboada sobre a súa última novela Todo ser humano é un río, que se presenta esta tarde en Librouro (Vigo), ás 20:00h. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

XG00258501

Jaureguizar: «A trama da novela é complexa, engana, obriga ao lector a un esforzo: obriga a revivir e a recomezar»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación en Compostela da novela Placebo, de Jaureguizar.   Conversa sobre «Placebo» en Compostela Resultou onte moi interesante a conversa que mantiveron na libraría Couceiro de Compostela Kiko Novoa e Jaureguizar arredor de Placebo.