Menu Xerais

Héctor Cajaraville, Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta coa novela «Once portas»

O xornalista e escritor Héctor Cajaraville, recente gañador do Premio Xerais de Novela con De remate, foi galardoado onte co Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta que concede o Concello de Lugo pola súa obra Once portas, que conta unha historia que se centra na mullara de Santiago de Compostela. Este é o terceiro premio literario que Cajaraville consegue nos últimos dez meses, tras darse a coñecer no Premio Xerais e logo de que se declarase vencedor no pasado mes de setembro do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. Ademais, Xerais acaba de publicar a súa novela infantil Quen dá a quenda?, finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil o pasado mes de xuño.

Reproducimos unha entrevista sobre a concesión do Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta que publica o xornal El Progreso e que se pode ler ou descargar nesta ligazón.

 

Deixa un comentario!