Menu Xerais

Xerais Básicos Ciencia, unha colección de divulgación científica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Xerais Básicos Ciencia, a nova colección de divulgación científica de Xerais.

 

 

Xerais Básicos Ciencia

Entre os lanzamentos de Xerais desta primavera destaca Historia do ADN. 40 anos de revolución biotecnolóxica de Daniel Soutullo, coa que abrimos Xerais Básicos Ciencia, unha colección de divulgación científica en galego dirixida por Miguel Vázquerz Freire. Unha serie concibida para dirixirse a un público amplo e curioso, non especializado en temas científicos, así como para servir de material de consulta e lectura nas bibliotecas do ensino secundario. Unha proposta, que cremos novidosa no entorno editorial galego, onde apenas se editan libros de ciencia e tecnoloxía. Unha aposta, tamén, pola divulgación como forma de coñecemento e polo emprego do galego para abordar estas materias que nalgúns casos, como os da Física, Química e Matemáticas, foron expulsadas do sistema educativo tras o Decreto de Plurilingüismo. Xaora, están en preparación O libro do ceo de Irene Baspino, Óscar Blanco e Óscar Sánchez, Terra. Viaxe arredor do mundo dun divulgador científico de Xurxo Mariño e O libro das Matemáticas de Antón Labraña.

 

Hai 1 comentario. Engade o teu.

Raimundo Leirós —

Paréceme moi boa iniciativa, e gostaríame saber os títulos que tedes pensado incluir na colección.

É non os olvidedes da Tecnoloxía, que tamén forma parte da ciencia.

Respostar »

Deixa un comentario!