Menu Xerais

Arquivo anual: 2017

XG00268801

Os versos republicanos de Xesús Alonso Montero, antimonárquicos, anticlericais, que exaltan os gozos da vida, da gastronomía e do humor

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de Xesús Alonso Montero (Antoloxía: 1963-2016).

Códigos QR, a crise, a vida, o paso do tempo e o propio poeta como personaxe en «Terraza» de Fran Alonso. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.

Un álbum sobre a construción da esperanza: «Sementes», de Sonia García Vidal. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do álbum ilustrado Sementes, de Sonia García Vidal, que inclúe un CD con banda sonora.     «Sementes», o primeiro álbum de Sonia García Foi unha moi feliz sorpresa todo o que aconteceu no serán de onte o Auditorio Lustres Rivas de Ribeira na presentación de Sementes, o álbum ilustrado co que debuta Sonia García.

Dúas horas enganchado á novela: «As horas roubadas», de María Solar. Artigo de Rafael Laso Lorenzo

A web Dende a Limia publicou un artigo de Rafael Laso Lorenzo sobre a novela As horas roubadas, de María Solar.   As horas roubadas Non vou dicir que o roubo, mais si que o tomo prestado. Refírome ó título deste artigo. Escríboo xa en Vigo, logo de disfrutar do Corredoiro na miña vila de Xinzo. Onte, sábado, andei por Talavera de la Reina.

Xesús Alonso Montero: «Teño uns 35 heterónimos e moitos son femininos. As mulleres son máis legais que os homes no sentido profundo da palabra»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Marta Veiga ao profesor e presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero na que fala, entre outras cousas, do seu libro de poemas Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de Xesús Alonso Montero (Antoloxía: 1963-2016, que acaba de publicar Xerais. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

O valor da comunicación interxeracional: «A caixiña dos rancores», de Héctor Cajaraville. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.

Un álbum que brilla con luz propia e cuestiona o porqué das cousas: «Sementes», de Sonia García Vidal. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o álbum ilustrado Sementes, de Sonia García Vidal, que inclúe un CD con banda sonora.   Sementes, de Sonia García Gustoume este álbum ilustrado, acompañado dun cedé que incorpora a banda sonora a cargo de Álvaro Buxeiro, o conto locutado e a montaxe en vídeo.

Escribir sobre o espazo que rodea o poeta: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Noelia Gómez

Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Noelia Gómez sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.   Desenfocar a ollada A terraza dun bar, café, caderno e lapis. Este é o espazo físico no que transcorre Terraza, o novo poemario de Fran Alonso, editado por Xerais.

Nacho Taibo: «A miña novela ‘Os tres de nunca’ bebe de ‘Os dous de sempre’ de Castelao»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Nacho Taibo sobre a súa nova novela Os tres de nunca. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un álbum ilustrado que merece toda a nosa atención: «Sementes», de Sonia García Vidal. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o álbum ilustrado (que se acompaña dun CD) Sementes, de Sonia García Vidal. Sementes. A terra cóbrese dun manto estrelado Ás veces no souto recibimos, non sempre, libros que xa vendo as capas nos sorprenden polo que imos atopar, non é sempre, non todos os meses, igual unha ou dúas veces ao ano.

Manuel Lourenzo, Honoris Causa pola ESAD: «O teatro breve pode parecer impresionista ou o resultado dunha postura ante a vida»

Con motivo do seu nomeamento como Doutor Honoris Causa da ESAD, o Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní co escritor, actor, director e dramaturgo Manuel Lourenzo, que recentemente publicou en Xerais o seu libro Nunca paraíso (Teatro breve 1973-2015). A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha novela que transpira boa literatura: «A ira dos mansos», de Manuel Esteban. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.