Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2017

Un canto á diversidade lingüística e ao amor ás palabras: «Crónica Córnica», de Francisco Coimbra

Duvi, o Diario da Univesidade de Vigo publicou unha información  sobre a presentación da novela Crónica Córnica, de Francisco Coimbra, Finalista do Premio Xerais de Novela 2016.

Escoitar a terra: «Todo o tempo do mundo», de David Pérez Iglesias. Un libro valente e necesario. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum Abecedario ilustrado, de Carles Cano. Todo o tempo do mundo   David Pérez Iglesias é o autor de Todo o tempo do mundo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2016, publicado pola editorial Xerais coas sempre magníficas ilustracións de Marcos Viso.

Ismael Ramos, «o imparable neno prodixio das palabras»

La Voz de Galicia publica un perfil de X. M. Branco sobre o poeta Ismael Ramos, autor de Os fillos da fame. (Fotografía de Marcos Creo / La Voz de Galicia).   O imparable neno prodixio das palabras Rachou o esquema co poemario «Os fillos da fame», cuxa primeira edición se esgotou nun mes Din del que é un bardo que sabe construír novas paisaxes, modificar as xeografías.

«Lembranza de Ramiro Fonte, emblema clasicista da poesía dos oitenta», por Manuel Veiga Taboada

Manuel Veiga Taboada publicou en Biosbardia un artigo sobre o poeta Ramiro Fonte.     Lembranza de Ramiro Fonte, emblema clasicista da poesía dos oitenta Hai sesenta anos, naceu Ramiro Fonte. O seu pasamento anticipado interrompeu unha liña clasicista, imprescindíbel en todas as literaturas. “Quero deixar un clásico”, díxome cando acababa de publicarse a triloxía sobre a súa vila natal, Pontedeume.

Antón Reixa: «Escribir cancións é un traballo literario ao servizo da música e a comunicación instantánea»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias co escritor e músico Antón Reixa polo seu poemario Viva Galicia Beibe (cancións 1982-2016). A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

XG00267501

Francisco Coimbra: «A novela supuxo un traballo sobre a lingua incorporando novos rexistros para ela». Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Vigo da novela Crónica Córnica, de Francisco Coimbra, Finalista do Premio Xerais de Novela 2016.   «Crónica Córnica» de Francisco Coimbra na Universidade de Vigo Interesantísima foi a presentación de Crónica Córnica de Francisco Coimbra, finalista do Premio Xerais de novela 2016, na Universidade de Vigo.

Tertulia do Club de Lectura do IEs de Fene sobre a novela «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, retransmitida por Radiofusión

O Club de lectura do IEs de Fene, escolleu a novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, e a tertulia en torno ao libro emitiuse en Radiofusión. A tertulia pode escoitarse ou descargarse en audio nesta ligazón.

Booktubers do CPI Mosteiro-Meis opinan sobre «Dragal», de Elena Gallego

O CPI Mosteiro-Meis publicou un vídeo dos seus alumnos/as booktubers que opinan sobre Dragal, da escritora Elena Gallego.

Presentación en Marín de “o espello do mundo” de Ramón Nicolás

O venres, 3 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia, rúa Caracol, 36, de Marín, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. O acto está organizado dentro do programa Os venres do Ateneo.

Presentación na Coruña de “Arredor das Irmandades da Fala” de Luís Cochón (coord.)

O xoves, 2 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na librería Sisargas, rúa San Roque, 7, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Arredor das Irmandades da Fala de Luís Cochón (coordinador). No acto participarán Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña; Luís Cochón, coordinador do libro; Xosé Ramón Barreiro Fernández; Arturo Casas e Manuel Bragado.

Resulta un acerto publicar unha novela así nestes tempos: «Segredos de Bretaña», de Carlos G. Reigosa. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre  a novela novela Segredos de Bretaña, de Carlos G. Reigosa.     Realidade vs ficción Un dos nosos escritores máis polifacéticos, Carlos G. Reigosa, vén de levar aos trinques unha nova novela, a que hoxe traemos a estas páxinas da Ferradura, Segredos de Bretaña.

Elena Gallego Abad: «Os rapaces pensan que a maioría dos escritores morreron»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de Ángel Palmou sobre a escritora Elena Gallego, e a súa serie Dragal.