Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2017

Xesús Alonso Montero: «Teño uns 35 heterónimos e moitos son femininos. As mulleres son máis legais que os homes no sentido profundo da palabra»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Marta Veiga ao profesor e presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero na que fala, entre outras cousas, do seu libro de poemas Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de Xesús Alonso Montero (Antoloxía: 1963-2016, que acaba de publicar Xerais. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

O valor da comunicación interxeracional: «A caixiña dos rancores», de Héctor Cajaraville. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.

Un álbum que brilla con luz propia e cuestiona o porqué das cousas: «Sementes», de Sonia García Vidal. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o álbum ilustrado Sementes, de Sonia García Vidal, que inclúe un CD con banda sonora.   Sementes, de Sonia García Gustoume este álbum ilustrado, acompañado dun cedé que incorpora a banda sonora a cargo de Álvaro Buxeiro, o conto locutado e a montaxe en vídeo.

Escribir sobre o espazo que rodea o poeta: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Noelia Gómez

Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Noelia Gómez sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.   Desenfocar a ollada A terraza dun bar, café, caderno e lapis. Este é o espazo físico no que transcorre Terraza, o novo poemario de Fran Alonso, editado por Xerais.

Nacho Taibo: «A miña novela ‘Os tres de nunca’ bebe de ‘Os dous de sempre’ de Castelao»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Nacho Taibo sobre a súa nova novela Os tres de nunca. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un álbum ilustrado que merece toda a nosa atención: «Sementes», de Sonia García Vidal. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o álbum ilustrado (que se acompaña dun CD) Sementes, de Sonia García Vidal. Sementes. A terra cóbrese dun manto estrelado Ás veces no souto recibimos, non sempre, libros que xa vendo as capas nos sorprenden polo que imos atopar, non é sempre, non todos os meses, igual unha ou dúas veces ao ano.

Manuel Lourenzo, Honoris Causa pola ESAD: «O teatro breve pode parecer impresionista ou o resultado dunha postura ante a vida»

Con motivo do seu nomeamento como Doutor Honoris Causa da ESAD, o Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní co escritor, actor, director e dramaturgo Manuel Lourenzo, que recentemente publicou en Xerais o seu libro Nunca paraíso (Teatro breve 1973-2015). A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha novela que transpira boa literatura: «A ira dos mansos», de Manuel Esteban. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Nacho Taibo: «Creei tres personaxes, acompañados doutros moitos que entran e saen nunha narración fragmentaria centrada na Segunda Guerra Mundial en Galicia»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Os tres de nunca, de Nacho Taibo.   Presentación da novela «Os tres de nunca» de Nacho Taibo Viaxamos onte á Coruña para participar na Libraría Lume na presentación d’ Os tres de nunca a novela monumental de Nacho Taibo.

Un texto poético e metafórico dunha ilustradora atrapada pola maxia da arte: «Sementes», de Sonia García Vidal

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de M. X. Blanco sobre o álbum ilustrado Sementes, de Sonia García Vidal, que inclúe un CD con banda sonora. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Fran Alonso: «’Terraza’ é un libro sobre a vida e o tempo, moi social, no que rompo o plano da realidade con imaxes surrealistas»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní co escritor Fran Alonso sobre o seu novo libro de poemas Terraza. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Booktráiler de «O sombreiro do mago», de Ánxeles Ferrer

Reproducimos o booktráiler do álbum ilustrado O sombreiro do mago, de Ánxeles Ferrer.