Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2017

Retrato do rural galego nunha época cambiante: «O anxo negro» de Manuel Gago. Crítica de X. A. López Silva

Xosé Antonio López Silva publicou na revista Grial unha recensión crítica sobre a novela O anxo negro, de Manuel Gago. A novela pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Versos contra a corrupción, o capitalismo e a monarquía: «Versos dun fistor republicano»», de Xesús Alonso Montero

O xornal Faro de Vigo publicou unha información sobre a presentación de Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de Xesús Alonso Montero (Antoloxía: 1963-2016), en Ourense. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Non hai outro camiño” de Isaac Xubín

O martes, 4 de abril, 2017, ás 20,00 horas, en Linda Rama, Porta de Aires, 4, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Non hai outro camiño de Isaac Xubín. No acto participarán Mercedes Queixas, Manuel Bragado e Isaac Xubín.

Presentación de “O Códice esmeralda” de Alberte Blanco na Feira do Libro de Verín

O sábado, 1 de abril, 2017, ás 20,00 horas, na Feira do Libro de Verín, terá lugar a presentación do libro O Códice esmeralda de Alberte Blanco. No acto participarán Manuel Bragado e Alberte Blanco.

Un xeito de contar áxil, moi ameno con anécdotas, linguaxe sinxela, exemplos comprensibles e moi ben escrito: «Terra», de Xurxo Mariño. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro Terra, de Xurxo Mariño, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Libro altamente recomendado para o ensino: «Carlos Casares. Vida e literatura», de Damián Villalaín. Recensión de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre o libro Carlos Casares. Vida e literatura, de Damián Villalaín, unha biografía do autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas.    «Carlos Casares.

Texto de Iolanda Zúñiga sobre «Terraza», de Fran Alonso, lido na presentación de Vigo

Reproducimos o texto de Iolanda Zúñiga sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso, lido na presentación de Vigo, na libraría Cartabón. Hoxe xoves 30 preséntase en Compostela.

XG00268801

Un libro de importancia con poesía militante, de sabor medieval ou epicúrea: «Versos dun fistor republicano»», de Xesús Alonso Montero. En Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de Xesús Alonso Montero (Antoloxía: 1963-2016), en Ourense.

Un engaiolante achegamento á historia da batalla de Rande: «O Códice esmeralda», de Alberte Blanco.

O Diario de Arousa publicou unha información sobre a novela O Códice esmeralda, de Alberte Blanco. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xesús Alonso Montero: «Considérome un fistor porque creo que teño un certo oído de poeta popular»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní ao profesor Xesús Alonso Montero, sobre o libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

É moi agradable ler versos tan directos froito da observación intensa: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso, que se presenta mañá xoves 30 na libraría Chan da Pólvora en Santiago de Compostela (Rúa San Pedro) ás 20.00 horas.

Pinto & Chinto: «Queremos disparatar, divagar e divertirnos para que tamén o lector se divirta, pero en todo momento hai que ter en conta os contos clásicos»

A web Fervenzas Literarias publicou unha entrevista con Pinto & Chinto, autores do libro infantil Cámbiache o conto.   Cámbiache o conto! (Xerais) de Pinto&Chinto Dende tempos inmemoriais un dos aspectos característicos dos contos era buscar un efecto moralizante sobre o oínte, polo xeral, cativos e rapaces, idades onde o conto devén en recurso -na máis das veces- didáctico.