Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2017

Unha ollada iluminadora sobre a lingua: «Galegocalantes e galegofalantes», de Carlos Callón. Crítica de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública un artigo de valoración crítica titulado Abril de libros no que fala do libro Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón.

Unha historia orixinal chea de elementos fantásticos: «A cazadora de estrelas», de María Canosa. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela infantil A cazadora de estrelas, de María Canosa, ilustrada por Dani Padrón.   Recensión: María Canosa, «A cazadora de estrelas» Non é casualidade que esta obra fose finalista en varias ocasións do premio Merlín.

Ten moito que contar e sabe contalo: «Soño de infancia», de Moncho Rouco. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro Soño de infancia, de Moncho Rouco. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Debaixo dun parasol», de Azucena Arias Correa. As moitas historias dun diario do verán

Debaixo dun parasol, de Azucena Arias Correa, é unha novidade da colección Merlín (de 9 anos en diante) e está ilustrado por Ignacio Hernández. Despois do longo inverno xa é posible sentir o cheiro salgado e húmido da praia, a pesar de haber tanta xente como para encher libros e libros coas súas historias.

Poesía da desposesión e da perda, da morte e da morriña: «s/t», de Emma Pedreira. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira. sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira. s/t Publica a editorial Xerais o III Premio de Poesía Gonzalo López Abente, s/t de Emma Pedreira, un “S/T” do “sen terra” por estarmos ante poesía da desposesión e da perda, da morte e da morriña.

Un libro que vai gustar a nenos e nenas: «A cazadora de estrelas», de María Canosa. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre a novela infantil A cazadora de estrelas, de María Canosa, ilustrada por Dani Padrón.   A cazadora de estrelas María Canosa está a se converter nunha das grandes da nosa LIX. Coido que pouco a pouco ten ido mellorando e converténdose nunha boa escritora que sabe redondear os libros dirixidos á rapazallada.

Pedro Feijoo: «Tiña moitísimas ganas de contar unha historia cun epicentro en Vigo pero que relata o comezo da modernidade en Galicia»

O escritor Pedro Feijoo foi entrevistado no programa Galicia por diante, da Radio Galega, sobre a súa próxima novela, Os fillos do lume, que Xerais publicará no mes de xuño. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón a partir do minuto 07:42.

Unha mirada científica que viaxa: «Terra», de Xurxo Mariño. Crítica de A Raíña Vermella

O blog O outro lado do espello publicou unha recensión crítica de A Raíña Vermella sobre o libro Terra, de Xurxo Mariño, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo.   Libros de ciencia e viaxes “Pola mañá cedo chegamos ao punto onde o canal Beagle se divide en dous brazos, e seguimos polo do norte. Aquí a paisaxe vólvese incluso máis espléndida ca antes”. Charles Darwin, A viaxe do Beagle, 1839.

Novidade: «Reckless. O fío de ouro», de Cornelia Funke. Un fío tan inquebrantable que mesmo as fadas parecen ceder ante o seu poder

Reckless. O fío de ouro, de Cornelia Funke, é unha novidade de Xerais para esta primavera. Está traducido por María Seisdedos. A nena levantou a man e colleu entre os dedos un fío de ouro, non tan fino coma o dunha araña, senón máis groso, coma de la fiada. Seguiuno cos dedos ata dar co corazón de Fox.—Xa sabía eu –o fío desapareceu en canto baixou a man–. É teu.

A recuperación da memoria celta: «O país da brétema», de Suso de Toro. Crítica de Paulo Vilar

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de Paulo Vilar sobre o libro O país da brétema, unha viaxe pola cultura celta, de Suso de Toro. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Compostela 2017

Do 29 de abril ao 7 de maio, na Alameda compostelana, terá lugar a Feira do Libro de Santiago. Neste evento, Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 2 de maio, martes 19:30 horas: Presentación de Once portas de Héctor Cajaraville. 20:30 horas: Presentación de Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. Día 3 de maio, mércores 19:30 horas: Presentación de O Códice esmeralda de Alberte Blanco.

Novidade: «A cazadora de estrelas», de María Canosa. A historia de Megumi e a súa egua Turrón

A cazadora de estrelas, de María Canosa é unha novidade da colección Merlín (de 9 anos en diante) e está ilustrado por Dani Padrón. Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz.