Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2017

Isaac Xubín: «Na sociedade galega enfrontámonos ao final dunha etapa na que teremos que tomar decisión sobre o que queremos ser»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor  Isaac Xubín sobre o seu poemario  A cadencia da fractura. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Vitaminas de autenticidade, unha novela nutritiva e recomendable: «A cazadora de estrelas», de María Canosa. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión de Celia Pereira Porto sobre a novela infantil A cazadora de estrelas, de María Canosa, ilustrada por Dani Padrón.   O impresionismo estelar Hai libros que están feitos de cores. Aprendino a primeira vez que lin A cazadora de estrelas.

Manuel Esteban: «A paixón pola lectura é a base mínima sobre a que se sustenta calquera exercicio literario»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevistade David González Domínguez ao escritor Manuel Esteban, sobre a novela A ira dos mansos, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016.

Unha reivindicación, homenaxe e unha posta en valor da figura da muller: «Aníbal e a pintora», de Xabier Paz

O xornal O Sil.info publicou unha información sobre a presentación no Barco de Valdeorras da novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz.   «O libro tenlle que falar a cadaquén que se achegue a el» Xabier Paz presentaba a súa novela «Anibal e a Pintora» na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco Artemisa Gentileschi é unha muller adiantada ao seu tempo, que loita por ser pintora na Italia do século XVII.

Misterios policiais no planalto arraiano: «Terradentro», primeira novela de Xosé Benito Reza. Anotación de Ana Mosquera

O blog Á sombra do Penegache publicou unha anotación de Ana Mosquera sobre a novela Terradentro, de Xosé Benito Reza.   MISTERIOS POLICIAIS NO PLANALTO ARRAIANO. PRIMEIRA NOVELA DE X. BENITO REZA Xosé Benito Reza, natural de Celanova, e un dos mellores coñecedores do Penegache, acaba de publicar a súa primeira novela Terradentro. O título é unha declaración de intencións  que  agradecemos.

Alberte Blanco: «Lembro, na miña infancia, as expedicións de galeóns para buscar o tesouro de Rande»

O xornal Faro de Vigo publiclou unha entrevista de Fran G. Sas a Alberte Blanco, autor da novela O Códice esmeralda. (Foto de Bernabe / Luismy). A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

70 anos do nacemento de Agustín Fernández Paz

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os 70 anos do nacemento de Agustín Fernández Paz.   70 anos de Agustín Lembramos onte a Agustín Fernández Paz no día que se cumpriron 70 anos do seu nacemento en Vilalba. O do seu aniversario era un día de ledicia que Agustín celebraba coa intención de revivir os días felices compartidos coas persoas queridas.

Moita metaliteratura usada con intelixencia: «Aníbal e a pintora», de Xabier Paz. Crítica de Eva Moreda

A escritora Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz.   «Aníbal e a pintora», a descuberta de Gentileschi Unha das tentacións contra as que debe loitar quen escribe novela histórica é a de deitar no relato os froitos todos do proceso de pescuda e documentación.

Unha alegoría da Celanova dos anos 50: «Terradentro», de Xosé Benito Reza. Artigo de Antonio Piñeiro

Antonio Piñeiro publicou no xornal La Región un artigo sobre a novela Terradentro, de Xosé Benito Reza.

Nacho Taibo: «Sempre quixen escribir para liberarme da forza da gravidade, das leis físicas, da presión do tempo»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Nacho Taibo sobre a novela Os tres de nunca.     Nacho Taibo: «A miña obra foi desaparecendo dos libros de texto. Sentinme ninguneado, coma agora» A guerra civil e, despois, a II Guerra Mundial, obrigan a tres homes, Milorde, Patacón e Bocoi, a posicionarse. A escoller. A demostrar quen son realmente.

Isaac Xuvín: «O feito de estar fóra do teu círculo de comunidade provoca un sentimento de crise, unha fractura»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor  Isaac Xubín, gañador do Premio Lueiro Rey de Poesía, co poemario A cadencia da fractura. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Tres alumnas do CEIP Alcalde Xosé Pichel entrevistan a Carlos Negro e María Solar

No derradeiro programa de radio do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco neste curso, tres alumnas entrevistaron a Carlos Negro e María Solar despois de ler Penúltimas tendencias, Masculino singular e As horas roubadas, a iniciativa da profesora Mercedes Queixas: Nesta ligazón pode verse a visita de Carlos Negro ao centro, que participou no club lector. E noutrouta ligazón, vemos o peche da tempada radiofónica no centro.