Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2017

Crítica de Dolores Martínez Torres sobre «Humildar», de Suso de Toro

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión de Dolores Martínez Torres sobre o libro de ensaio Humildar, de Suso de Toro.

María Reimóndez: «Vivimos un momento paradoxal»

O xornal Sermos Galiza publica unha entrevista á escritora María Reimóndez.   MARÍA REIMÓNDEZ «Vivimos un momento paradoxal» Un dos valores máis sólidos da literatura galega actual, María Reimóndez, é quen se debruza esta cuarta feira sobre a xanela do #VenhanMais5. -Como avalías o estado actual da cultura galega?  -Dende a miña visión concreta creo que vivimos un momento moi paradoxal.

Eva Mejuto: «Impactoume o sufrimento das crianzas trans»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de R. Castro á escritora Eva Mejuto sobre a súa novela 22 segundos.   EVA MEJUTO, ESCRITORA «Impactoume o sufrimento das crianzas trans» Coñecémola como a cara visible de Oqo e como autora de álbum ilustrado, pero Eva Mejuto deulle unha viraxe á súa vida para entrar no mundo da xestión cultural cun novo proxecto chamado Capicúa.

O pregón de Carlos Núñez na Feira do Libro de Vigo. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o pregón de Carlos Núñez, onte, na Feira do Libro de Vigo. Xerais acaba de editar o seu libro Vigo metropolitano na Galicia céltica, ilustrado por Evaristo Pereira.     O pregón de Carlos Núñez na Feira do Libro de Vigo Resultoume imposible acompañar a Carlos Núñez na lectura do seu Pregón na Feira do Libro de Vigo.

Premios Xerais 2017. Entrevistas en vídeo: Ledicia Costas, escritora

A visibilización dun colectivo de persoas silenciado: «22 segundos», de Eva Mejuto. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela 22 segundos, de Eva Mejuto.   «22 segundos» de Eva Mejuto, presentación en Pontevedra Magnífica e emocionante resultou a presentación de 22 segundos, a primeira novela de Eva Mejuto, celebrada onte na Casa da Luz no marco das actividades do Free Live Orgullo Pontevedra e do Día Internacional do Orgullo LGTBI.

Carlos Núñez: «Toda a rica iconografía galaica hai que levala á sociedade de consumo para que se apliquen eses deseños en todos os ámbitos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista con Carlos Núñez, autor do libro Vigo metropolitano na Galicia céltica, ilustrado por Evaristo Pereira, que acaba de editar Xerais. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xabier Quiroga: «Quedei engaiolado coa intensa relación entre os nazis e Galicia e como se intentou disimular»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena ao escritor Xabier Quiroga sobre a novela Izan o da saca. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Premios Xerais 2017. Entrevistas en vídeo: Iria Misa, escritora

Eva Mejuto: «O tema da transexualidade sempre foi tratado dende unha perspectiva escura, dende a marxinalidade, ligándoa á prostitución»

O xornal Diario de Pontevedra publiou unha entrevista con Eva Mejuto sobre a súa novela 22 segundos.   Eva Mejuto: «Aínda quedan moitas cousas das que falar» A primeira novela que trata o tema da transexualidade na literatura galega é obra da sanxenxina.

Pedro Feijoo: «Boto man dalgúns recursos literarios para recuperar parte da nosa memoria colectiva»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas a Pedro Feijoo sobre a súa novela Os fillos do lume. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Alberte Blanco: «A vida dos mariñeiros na época da Batalla de Rande era moi dura e abnegada»

O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Xiana Arias ao escritor Alberte Blanco sobre a súa novela O Códice esmeralda. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.