Menu Xerais

A compañía Ghazafelhos representa “Rubicundo” en Vigo

O domingo, 26 de  marzo, 2017,  ás 18:00 horas,  no Auditorio Municipal, praza do Rei, 1, Vigo, terá lugar a representación de Rubicundo obra de teatro baseada no conto Rubicundo de María Canosa.

A obra, dirixida e adaptada por Pepablo Patiño, está dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos. O elenco artístico da compañía Ghazafelhos está formado por Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas que tamén deseñou o son e a iluminación.

O espectáculo, que ten unha duración de 50 minutos, ten un custe de 3 euros.

Colabora a Concellería de Cultura do Concello de Vigo.

Deixa un comentario!