Menu Xerais

A novela «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín, elixida finalista do Premio literario San Clemente

A novela Non hai outro camiño, do escritor Isaac Xubín, foi elixido entre os finalistas da XXIII edición do Premio literario San Clemente na categoría de lingua galega, canda Daniel Asorey e Xosé Monteagudo, seleccionados polas súa obras Nordeste e Todo canto fomos, respectivamente. A novela de Xubín recibiu recentemente o Premio da Crítica Española.

No apartado de lingua estranxeira, as novelas finalistas son Compás, de Mathias Enard; A guitarra azul, de John Banville; e Morer na primavera de Ralf Rothmann. En español, foron seleccionados Esa puta tan distinguida, de Juan Marsé;  La noche de la Usina, de Eduardo Sacheri; e Patria de Fernando Aramburu Barreira.

 

 

Deixa un comentario!