Menu Xerais

Diversos estudantes comentan novelas de Ledicia Costas a xeito de booktubers

O blog da Biblioteca do IES Laxeiro publicou dúas recomendación en vídoe, a modo de booktubers de estudantes do centro. A primeira céntrase no libro O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, e está feito polas estudantes Alba Rodríguez Rois, Alba Rey Jorge e Laura Nóvoa Froiz, de 3º da ESO. A segunda está feita polo estudante Rubén Otero Cibeira e é sobre a novela Recinto Gris, de Ledicia Costas.

Así mesmo, o blog As estelas dos ronseis recolle outras recensións recentes dos estudantes sobre os seguintes libros:

A neve interminable, de Agustín Fernández Paz, por Roberto Agra Buján.

Febre, de Héctor Carré, por Lara Soto

Penúltimas tendencias, de Carlos Negro, por Marcos Quintana Cuñarro.

Nubes de evolución, de Andrea Maceiras, por Laura Nóvoa Fraiz

 

 

 

 

Deixa un comentario!