Menu Xerais

Faleceu o escritor Miguel Suárez Abel

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias polo falecemento do escritor Miguel Suárez Abel, autor de diversas obras narrativas, moitas delas publicadas nesta editorial. O escritor e psicólogo Miguel Suárez Abel falceu na tarde de onte en Ferrol e o seu funeral terá lugar este mércores ás 18.00 horas en San Esteban do Campo, en Arzúa

Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, 1952). Licenciado en Psicoloxía. Profesor de ensino secundario no Instituto Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e columnista de La Voz de Galicia e O Correo Galego. Ten publicados varios relatos premiados no concurso do Pedrón de Ouro: “O fillo de Serafín” (1981), “O Quiquiriquí” (1982), e “A alemana” (1986). Posteriormente publicou Turbo (Xerais 1988), Premio Blanco Amor de novela; Álvaro Pino (Xerais 1989), biografía novelada do deportista galego; Sabor a ti (Xerais 1992), finalista do Premio Xerais de novela; “Co dedo nos beizos” (1992), relato incluído nos Contos do Castromil; Selva Negra (Xerais 1993), relatos e O repenique de Beatriz Gondar (2003), Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2002.

Hai 3 comentarios. Engade o teu.

Anónimo —

Non faleceu en Pontevedra, foi na Coruña

Respostar »

Deixa un comentario!