Menu Xerais

Maxia e amor con final feliz: «O sombreiro do mago», de Ánxeles Ferrer. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado O sombreiro do mago, de Ánxeles Ferrer, que é unha novidade da colección Merliño.

 

O sombreiro do mago

Ánxeles Ferrer publica en Xerais -colección Merliño- O sombreiro do mago, unha historia de amor entre dous coellos que procuran a liberdade; a pesar do título e da importancia que poida ter o mago, coido que esa é a verdadeira historia, a dun amor que semellaba imposible pero que non o foi grazas á astucia e á sabedoría dun animal fronte a un ser humano. Tamén o é a maxia, que fai posible que ese sombreiro sexa un pozo de sorpresas. Así que maxia e amor conxúganse para un final feliz.
De todos os xeitos, boto de menos que a autora non aproveitara a historia para darlle a volta ao conto de sempre: príncipe afouto que salva princesa encarcerada, aínda que aquí falemos de coellos. Precisamos máis relatos que cambien o conto, e este non o fai. Unha mágoa.

Hai 1 comentario. Engade o teu.

anxeles —

Recoméndolle a autora de esta reseña que lea “Tres princesas namoradas”, en donde “lle dou a volta o conto de sempre”. En este non hay princesas nin príncipes, só dous coellos envoltos nunha aventura.
Non me podo repetir…
Saudos !

Respostar »

Deixa un comentario!