Menu Xerais

Novidade: «Galegocalantes e galegofalantes», de Carlos Callón. O que lle ten acontecido á lingua galega co PP desde 2009

Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón, é unha novidade da colección Crónica de Xerais.

«Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración que soubo facerlle fronte a esta lexión de enterradores», di Carlos Callón en “Galegocalantes e galegofalantes”, un libro-testemuño sobre o que lle ten acontecido á lingua galega desde que o PP retomou o poder autonómico en 2009.Nas súas páxinas analízanse as causas dos retrocesos e do inédito movemento social de resposta xurdido nese ano. Ademais, fornécense argumentos para continuar na defensa do idioma e anímase a que as persoas galegocalantes dean o paso a se transformaren en galegofalantes. É, pois, un libro que dá azos, razóns, forza e determinación.Galegofalantes, activémonos! Galegocalantes, unídevos!

 

Deixa un comentario!