Menu Xerais

Novidade: «Vigo metropolitano na Galicia céltica», de Carlos Núñez. Desapareceu o pobo celta?

O libro Vigo metropolitano na Galicia céltica, de Carlos Núñez, ilustrado por Evaristo Pereira, é unha novidade de Xerais.

Tamén existe edición en castelán.

Desapareceu o pobo celta? Esvaeuse a súa cultura milenaria? A verdade é que posiblemente ningún pobo tivo unha influencia tan profunda no transcurso da nosa historia. Non se pode entender unha Galicia sen o románico, como tampouco sen o mundo celta. Parece imposible que dous mil anos despois sigamos falando dunha sociedade celta que aínda conta con facetas escuras e relativamente descoñecidas, se ben os avances nos descubrimentos arqueolóxicos e as investigacións etnográficas xa permitiron identificar mellor estas agrupacións étnicas e comprender devagariño a súa natureza e realidade. Afortunadamente, hai un renacer nas investigacións atlánticas sobre a cultura céltica que enchen de contido ese grande espazo milenario, que outras fontes históricas enmudeceron esgrimindo con frecuencia que iso foi debido a que non había nada digno de ser destacado. Actitudes similares tamén as atopamos coa cultura fenicia, poderoso vínculo enriquecedor da cultura celta autóctona, se cadra porque a importancia destas dúas culturas afectaba ás persoas que transmitiron a noticia.

 

Deixa un comentario!