Menu Xerais

O libro «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, seleccionado para a Lista de Honra do IBBY

O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Coba, foi seleccionado para a Lista de Honra do IBBY 2018, segundo informou a OPLI, que deu a coñecer as obras elixidas. A lista recolle de xeito bianual unha selección dos libros máis significativos de recente publicación que se editan no mundo, en función do seu interese e calidade.

A selección realízase en tres modalidade: escritores/as, ilustradores/as e tradutores/as e a OEPLY encárgase de realizala en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

O catálogo coas obras escollidas de todo o mundo preséntase no Congreso do IBBY, que ten lugar en distintos países. Arredor da publicación da Lista de Honra, realízanse diversos actos e exposicións itinerantes.

Lendo lendas, digo versos  está constituído por vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do … cerebro, anicados e espidos» pois semella que agardaban «en silencio que a arte os vista da palabra para podérense presentar decentes na escena do mundo».

Hai 1 comentario. Engade o teu.

Deixa un comentario!